Skip to Content

Saídas

Saídas

VOLVEU MOER DESPOIS DE 60 ANOS

O alumnado de 3º,4º e 6º de primaria fomos visitar o "Muíño da Regueira" situado en Matamá.

moa

 

Este muíño, que estaba fai uns anos abandonado e tapado pola maleza, foi recuperado grazas a iniciativa conxunta de varias entidades.

Cando chegamos o mesmo esperábanos  o Sr. Ventura e o seu fillo Marcos. Eles foron os encargados de explicarnos o exterior e o interior do muíño. Primeiro contáronnos como se desviou o río para levar a auga ata o muíño e fóronnos indicando todas as partes do mesmo tanto exteriores como interiores.

Puidemos comprobar o funcionamento do rodicio grazas a caída da auga acumulada no cubo. Despois, xa dentro do tremiñado vimos a moa en movemento. Alí, estaba a fariña, que puidemos ver, moer e ata probar.

 

 

Resultou unha saída estupenda!

VIAXE FIN DE PRIMARIA

viaxe fin de curso

O noso alumnado de 6º de primaria, como ven sendo habitual, despídense do  Frian, facendo unha viaxe.

Este ano Andalucía foi a Comunidade escollida para pasar unha estupenda semana, chea de visitas e actividades. Isla Máxica, Sevilla, Fuengirola, Granada...foron algúns dos lugares visitados.

A continuación deixámosvos unha reportaxe fotográfica:

"BOCATA SANO"

O 9 de maio, o alumnado de 3 fomos ao Carrefour con "Bocata sano". Primeiro ensináronnos a clasificación dos alimentos e as súas propiedades. Despois baixamos e fixemos as compras necesarias para un día.

Aprendemos moito.

3º e 5º visita O Monte da Madroa

 

 

O venres 8 de xuño, o alumnado de 3º e 5º de Primaria, realizamos a derradeira actividade do Plan Comunitario de Teis sobre O Monte da Madroa.

Despois de todo o traballado durante o curso, fomos poñer en práctica todo o aprendido durante o curso.

Alí nos esperaban, persoal do Plan Comunitario de Teis e da Comunidade de Montes.

Fixemos dúas actividades: un roteiro pegadiño a beira dun regato e os xogos do xabarín.

Mentres realizabamos estas dúas actividades lembramos moitas das cousas aprendidas durante o curso: nomes de árbores, de animais, de topónimos... Por certo tamén subimos a un tractor...

Queremos dar as grazas, a Comunidade de Montes e o Plan Comunitario, por realizar actividades tan interesantes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut