Skip to Content

DÍA DA PAZ

Conmemoración día da Paz

MURAIS DA PAZ

Cada curso, dende fai uns anos, co gallo da celebración do "DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA", no colexio facemos un mural entre todos e todas.

A continuación ensinámoste aqueles que aínda están decorando o noso colexio.

pomba da paz                    

 

 

        Mundo en obras      

                 

                          Nenos e nenas pola paz

             

Nenos e nenas na paz
 
O tren da Paz

 
nenos/as suxeitando o mundo

 

Este ano (curso 08/09) os máis cativos/as do colexio coa axuda das súas mestras fixeron un traballo precioso , co seguinte lema: 

XUNTOS E XUNTAS POLA PAZ

xuntos e xuntas pola paz

Todo o cole estamos a facer un ano máis un mural entre todos e todas. A inspiración este ano ven dun debuxo que apareceu nunha revista dominical de "Mingote", o podedes ver a continuación:

paiaso Mingote

E así nos quedou....

 paiaso paz

ACTUALIDADE: GAZA

Se alguén, cando era máis novo, pensaba que as guerras eran "cousas do pasado" e que nós estabamos "máis civilizados" e "resolvíamos as diferenzas de xeito pacífico", estaba ben equivocado. Nos últimos tempos, as noticias de Gaza espántannos e póñennos os "pelos de punta". 

Pero, por desgraza, os sucesos de Gaza nin son novos nin son os únicos que, neste intre, están a suceder no Mundo.

 OS CONFLICTOS ARMADOS ACTUAIS

Mapa dos conflictos actuais

Como podes comprobar, toda a franxa central do noso Planeta (coincidindo cos continentes de Africa, Asia e América (Central e do Sur) está, na actualidade, en guerra. Para saber máis sobre iso, preme aquí.

O CONFLICTO DE GAZA 

Desgrazadamente, Palestina "está de moda". As noticias que chegan diariamente móstrannos un panorama desolador que afecta directamente á poboación civil, especialmente, ás mulleres, aos nenos e aos anciáns.

A Comunidade Internacional leva décadas asistindo impasible ante este conflicto entre árabes (palestinos) e israelíes, sen aportar ningunha solución contundente e definitiva.

Pero remontémonos na Historia: a franxa do Oriente Próximo estivo, dende a Antigüidade (hai máis de 5.000 anos), sometida ás idas e venidas dos diferentes exércitos que a conquistaron, facéndoa parte de sucesivos imperios. Compróbao na seguinte presentación:

A HISTORIA DE MOHAMED
A vida nestas circunstancias non é fácil en Gaza. Os dereitos máis fundamentais do Neno e do Home (Dereito á Educación, Dereito a un Fogar, Dereito á Saúde, Dereito á Vida...) son imposibles. Este é o testimonio de Mohamed, un neno que vive en Gaza, e que foi recollido nun vídeo pola Organización Non Gubernamental (O.N.G.) Save the Children:
Neno palestino tras o aramio
A APORTACIÓN DE GRACIA E ANXO
Dende Trafegando Ronseis, o blog de Gracia e Anxo, chéganos esta visión sobre o Conflicto de Gaza: 
Carátula da presentación de Gracia e Anxo
E EN QUE SE DIFERENZA ISTO DO HOLOCAUSTO?

O Estado de Israel foi unha aspiración dos xudeos despois do Holocausto vivido durante a Segunda Guerra Mundial. Pero... que diferenza existe entre o que eles viviron e o que están a vivir, na actualidade, os palestinos de Gaza? 

Preme na seguinte fotografía e accederás a un slide con diferentes imaxes da persecución que sufriron os xudeos durante a Segunda Guerra Mundial e da situación actual en Gaza. A única diferenza será, quizás, a cor das actuais.
Muller palestina tras a rexa
  

E MENTRAS, QUE FAI O MUNDO ANTE TANTA INXUSTIZA?

Mentras, os grandes gobernantes do mundo seguen a facer negocios con Israel e a mirar hacia outro lado. Preme na foto e le a opinión de Pascual Serrano ao respecto. 

Retrato de Pascual Serrano 

Mirar para outro lado, e silenciar ó inconformista, como lle ocurriu a Gervasio Sánchez (fotógrafo e periodista comprometido coa causa das minas antipersona) cando foi recoller o seu Premio Ortega e Gasset :

Retrato de Gervasio Sánchez 

SE POIDERA... NON DUBIDARÍA

E nós... os cidadáns de a pé...? Que podemos facer...? Pouca cousa. Pensar, ser críticos, e cantar con Rosario e Antonio Flores, que... SE POIDÉRAMOS BORRAR TODO O QUE TEMOS VISTO, NON DUBIDARÍAMOS EN VOLTAR A RIR.

 Retrato de Rosario Flores

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

1. COLOREAMOS O GUERNICA DE PICASSO 

GUERNICA

ENSINAMOSCHE UN PINTADO. ESTE TRABALLO É UNHA MANEIRA DE RECOÑECER OS DESASTRES DA GUERRA

GUERNICA COLOR

2.TITORIAL: COMO FACER UN MURAL. PASO A PASO.

BÓTALLE UNHA OLLADA.

3. AHORA TOCA PINTAR

SE PREMES NA POMBA TES MOITOS DEBUXOS PARA COLOREAR, SÓ TES QUE IMPRIMILOS

POMBA

MOITAS POMBIÑAS PARA COLOREAR. SE PREMES NO SEGUINTE DEBUXO APARECERAN MOITÍSIMAS...

POMBA

4. NO SEGUINTE ENLACE TES RECURSOS NA REDE PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ:

SE PREMES NA POMBA APRENDERÁS MOITAS COUSIÑAS

POMBA DE CERA 

 

 

 

 

 

5. BÚSQUEDA DO TESOURO.

 

ENLACES PARA A PAZ

 

 blog casadetolos

 

Casa de de tol@s 

Este blog é de "Belén" unha amiga e mestra que fixo que chegaramos ata aquí con esta páxina. Ten moito traballo feito e gústalle compartir. Bota unha ollada.

 
cuentos de paz

 

Contos de paz

 Se queredes ler  contos con esta temática.

 

 

paz

 

Actividades lúdicas educativas.

Páxina con moitas ideas para axudarnos a traballar a Paz.

 

 

Logo seminario galego pola paz

 

Seminario galego de educación para a  paz.

Nesta páxina atoparás un unidade didáctica para a paz 2009  e materiais sobre os Dereitos Humanos.

 

 

foto paz

 

Iniciativa pola Paz.

Nesta páxina hai unha inicitiva para participar  cos neno e nenas dende a aula de informática deixando unha  mensaxe. Anímate!

 

 

cadro do Guernica

 

Guernica.

Visita en tres dimensións deste famosísimo cadro. Moi curioso.Ten paciencia tarda en cargar pero merece a pena. Tamén podes ler moitas cousas de actualidade sobre o que está a pasar no noso mundo.

ODA Á LEDICIA - ODE OF JOY - HIMNO A LA ALEGRÍA

Este curso temos elixido como canción para traballar 

no Día Escolar pola Paz o Himno á Alegría. 

Pero... que sabes del? Quen foi o seu compositor...?

Se segues a ler o seguinte artigo, aprenderás moitas cousas interesantes. 

Algúns de vós tendes comentado: "Miña nai ten este disco na casa"; "Miña nai di que esta canción é de Waldo dos Ríos"; "Miña avoa ten esta música no piano e é a súa favorita".

Seguramente, a peza que ten túa nai está interpretada por Miguel Ríos (hai máis de trinta anos), quen fixo moi popular esta peza.

Os arranxos e o texto eran de Waldo dos Ríos, pero... Waldo dos Ríos non foi o compositor da música! 

Escoita a versión de Miguel  Ríos e Waldo dos Ríos e fíxate na roupa e na decoración... ata a televisión era en branco e negro!

Parece que a versión de Waldo dos Ríos e Miguel Ríos foi un éxito.

E, así, foi posible ver a Miguel Ríos cantando en inglés en distintos lugares do mundo, o tema Ode of Joy.(Habería que lle preguntar á profe de Inglés que tal estaba de pronunciación).

O tema de Miguel Ríos tivo moito éxito. Co paso dos anos e das décadas, chegou á Televisión Española un programa que pretendía descubrir novos cantantes.

Tratábase dunha academia onde os candidatos aprendían técnica vocal e demostraban os seus progresos interpretando coñecidos temas. Lembrades...?

Rosa López, de Operación Triunfo, fixo tamén a súa propia versión do Himno á Alegría:

 

 

Algo debe ter esta música, porque, na Internet, atopamos versións ben curiosas; como esta, feita con vasos de cristal:

Ou esta, interpretada cun instrumento de corda percutida chamado dulcimer:

Tamén atopamos unha interpretada con strumstick, un instrumento de tres cordas ideado por Bob McNally:

Incluso atopamos unha versión country, interpretada con banjo: 

e outra rock:

Pero... alguén importante debeu compoñer esta melodía, para que teña tanta transcendencia ó longo do tempo e do espazo!

Douvos pistas:

Un dos máis grandes músicos da Historia, contemporáneo da Guerra da Independencia Española, admirador de Napoleón e defraudado con el cando comprobou os estragos que os seus exércitos estaban a facer en toda Europa... Vaivos soando...?

Efectivamente: O Himno á Alegría foi composto por Beethoven, sobre un poema (en alemán) de Schiller no que se ensalzaba a liberdade.

Atoparalo se escoitas a Novena Sinfonía (se o fas, tes que ter paciencia, porque é un pouco longa). 

As sinfonías eran pezas instrumentais para orquestra. Pero, na Novena Sinfonía, Beethoven introduce, para cantar a Oda á Ledicia, un coro de grandes dimensións.

Por iso, a Novena Sinfonía é chamada tamén Sinfonía Coral

O estreo da Novena Sinfonía foi un rotundo éxito. O propio Beethoven, que xa estaba totalmente xordo, dirixiu a orquestra;ó rematar o Himno á Alegría, o público rompeu en aprausos. Os músicos da orquestra tiveron que avisar a Beethoven, que non se decataba, ao estar de costas.

O espírito de liberdade que transmite o Himno á Alegría é tan siñificativo, que a Unión Europea teno elixido como Himno.

Para rematar, se aínda non o sabes, podes cantar a xeito de karaoke sobre esta versión. Paz e Música! 

Distribuir contido


by Dr. Radut