Skip to Content

ODA Á LEDICIA - ODE OF JOY - HIMNO A LA ALEGRÍA

Este curso temos elixido como canción para traballar 

no Día Escolar pola Paz o Himno á Alegría. 

Pero... que sabes del? Quen foi o seu compositor...?

Se segues a ler o seguinte artigo, aprenderás moitas cousas interesantes. 

Algúns de vós tendes comentado: "Miña nai ten este disco na casa"; "Miña nai di que esta canción é de Waldo dos Ríos"; "Miña avoa ten esta música no piano e é a súa favorita".

Seguramente, a peza que ten túa nai está interpretada por Miguel Ríos (hai máis de trinta anos), quen fixo moi popular esta peza.

Os arranxos e o texto eran de Waldo dos Ríos, pero... Waldo dos Ríos non foi o compositor da música! 

Escoita a versión de Miguel  Ríos e Waldo dos Ríos e fíxate na roupa e na decoración... ata a televisión era en branco e negro!

Parece que a versión de Waldo dos Ríos e Miguel Ríos foi un éxito.

E, así, foi posible ver a Miguel Ríos cantando en inglés en distintos lugares do mundo, o tema Ode of Joy.(Habería que lle preguntar á profe de Inglés que tal estaba de pronunciación).

O tema de Miguel Ríos tivo moito éxito. Co paso dos anos e das décadas, chegou á Televisión Española un programa que pretendía descubrir novos cantantes.

Tratábase dunha academia onde os candidatos aprendían técnica vocal e demostraban os seus progresos interpretando coñecidos temas. Lembrades...?

Rosa López, de Operación Triunfo, fixo tamén a súa propia versión do Himno á Alegría:

 

 

Algo debe ter esta música, porque, na Internet, atopamos versións ben curiosas; como esta, feita con vasos de cristal:

Ou esta, interpretada cun instrumento de corda percutida chamado dulcimer:

Tamén atopamos unha interpretada con strumstick, un instrumento de tres cordas ideado por Bob McNally:

Incluso atopamos unha versión country, interpretada con banjo: 

e outra rock:

Pero... alguén importante debeu compoñer esta melodía, para que teña tanta transcendencia ó longo do tempo e do espazo!

Douvos pistas:

Un dos máis grandes músicos da Historia, contemporáneo da Guerra da Independencia Española, admirador de Napoleón e defraudado con el cando comprobou os estragos que os seus exércitos estaban a facer en toda Europa... Vaivos soando...?

Efectivamente: O Himno á Alegría foi composto por Beethoven, sobre un poema (en alemán) de Schiller no que se ensalzaba a liberdade.

Atoparalo se escoitas a Novena Sinfonía (se o fas, tes que ter paciencia, porque é un pouco longa). 

As sinfonías eran pezas instrumentais para orquestra. Pero, na Novena Sinfonía, Beethoven introduce, para cantar a Oda á Ledicia, un coro de grandes dimensións.

Por iso, a Novena Sinfonía é chamada tamén Sinfonía Coral

O estreo da Novena Sinfonía foi un rotundo éxito. O propio Beethoven, que xa estaba totalmente xordo, dirixiu a orquestra;ó rematar o Himno á Alegría, o público rompeu en aprausos. Os músicos da orquestra tiveron que avisar a Beethoven, que non se decataba, ao estar de costas.

O espírito de liberdade que transmite o Himno á Alegría é tan siñificativo, que a Unión Europea teno elixido como Himno.

Para rematar, se aínda non o sabes, podes cantar a xeito de karaoke sobre esta versión. Paz e Música! 



page | by Dr. Radut