Xa temos iluminado todos os cooredores do noso colexio grazas aos voso traballos feitos en familia.
Luces e máis luces...pintadas, recheas con disitintas texturas, con iluminación propia, empregando distintas técnicas de collages, en definitiva feitas con moita arte e creatividade.
Botáde unha ollada, son todas ben fermosas, ainda non están todas!
Todas son estupendas, pero hai dúas, que non son mellores nin peores pero representan o proxecto deste ano:
Hoxe, día 16 de decembro, visitou o cole unha ex-alumna moi especial: Carol, a mellor futbolista do mundo de fútbol praia. Cunha charla moi amena, contounos os seus inicios no mundo do fútbol, a súa traxectoria profesional, os seus numerosos títulos e o que foi o máis importante animou a todas as nenas e nenos, que así o desexen practicar o deporte que lles guste, esquecéndose de posibeis prexuicios. Ao final deixonunos un presente moi especial: a súa camiseta da selección española coa que gañou o Mundial a todos os nenos/as do cole.
Moitas grazas, Carol, á volta dos xogos olímpicos ou mundiais, esperámoste.
Xa están preto as vacacións de Nadal e que mellor agasallo que un bo conto. Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoraspor niveis en galego e castelán. Tamén incluimos algúns libros en Inglés e libros informativos para todas as idades.
A súa vez incluimos as lecturas obrigatorias para este curso 2019/2020 .Atrévete a ler neste Nadal!!!