Skip to Content

Fomos nova no "Faro da Educación"

              

Co gallo de ter conseguido o 1º Premio Proxecta de Innovación Educativa 18-19 o "Faro de Vigo"

no seu suplemento "Faro da Educación", vén de publicar unha nova sobre a experiencia innovadora que se está levando a cabo no noso colexio. 



 

 

Podedes ver o artigo completo na seguinte ligazón:

Un colexio moi "movido": unha milla ao día

Felices festas!

Pegadiños e pegadiñas á árbore...

esperamos ao Apalpador cos nosos mellores desexos e...

cantando esta canción... que é a nosa felicitación

(Prepara o teu dispositivo e scanea este código QR)

 

Felices festas!

As nosas luces de Nadal en familia!

Xa temos iluminado todos os cooredores do noso colexio grazas aos voso traballos feitos en familia.

Luces e máis luces...pintadas, recheas con disitintas texturas, con iluminación propia, empregando distintas técnicas de collages, en definitiva feitas con moita arte e creatividade.

Botáde unha ollada, son todas ben fermosas, ainda non están todas!

 

 

Todas son estupendas, pero hai dúas, que non son mellores nin peores pero representan o proxecto deste ano:

"Vigo, cidade de cores"

 

 

Grazas familias, sempre nos sorprendedes!

 

 

 

VISITA Ó SEU COLE DE CAROL, A MELLOR FUTBOLISTA DO MUNDO

     Hoxe, día 16 de decembro, visitou o cole unha ex-alumna moi especial: Carol, a mellor futbolista do mundo de fútbol praia. Cunha charla moi amena, contounos os seus inicios no mundo do fútbol, a súa traxectoria profesional, os seus numerosos títulos e o que foi o máis importante animou a todas as nenas e nenos, que así o desexen practicar o deporte que lles guste, esquecéndose de posibeis prexuicios. Ao final deixonunos un presente moi especial: a súa camiseta da selección española coa que gañou o Mundial a todos os nenos/as do cole.

 

Moitas grazas, Carol, á volta dos xogos olímpicos ou mundiais, esperámoste. 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL E LECTURAS OBRIGATORIAS

Xa están preto as vacacións de Nadal e que mellor agasallo que un bo conto. Aquí vos deixamos unhas  recomendacións lectoras por niveis en galego e castelán. Tamén incluimos algúns libros en Inglés e libros informativos para todas as idades.

A súa vez incluimos as lecturas obrigatorias para este curso 2019/2020 .Atrévete a ler neste Nadal!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut