Despedimos o trimestre cunha edición especial do informativo do tempo "Xmas Weather Forecast", realizado polo alumnado de 6ºB.
Nesta ocasión, deséxannos unhas felices festas desde distintos puntos do planeta en Lingua Inglesa.
Moitas grazas por ensinarnos rincóns tan diferentes!
Despedímonos ata o ano que vén, donde seguiremos informando semana tras semana das novas relacionadas co tempo atmosférico.
Dende a redación de "Orballando novas" desexámosvos unhas Felices Festas.