Nesta semana aconteceron moitas novas relacionadas co tempo meteorolóxico: choivas abundantes, refachos de ventos intensos, lúa de sangue, mareas vivas, temporal de neve....Neste capítulo de "orballando novas" o alumnado de 6º Ada cumprida información. Tamén realizan unha entrevista a pé de rúa coa seguinte pregunta:
"Nun día de choiva se tes que desprazarte pola rúa como te mollas máis se vas correndo ou camiñando?"
Pensade as vosas respostas antes de ver o seguinte programa!
Esta semana no noso informativo do tempo Orballando novas, o alumnado de 5º B"Surfea novas".
Se Vigo xa ten "sona mundial" debido ao seu alumeado de Nadal, en breve, outra localidade galega pode acadar ese nivel.
A localidade non é outra que Illa Pancha, situada no Concello de Ribadeo e a súa sona será debida a un deporte que está de moda, o surf.
Segundo as prediccións meteorolóxicas para os vindeiros días, pode chegar unha tormenta cunhas características especiais que provoquen que os mellores e as mellores surfistas do planeta compitan nun Campionato Mundial de Surf de olas xigantes, para deslizarse pola ola xigante "Panchorro"...
Rematamos o ano 2018, moi contentos por recibir un novo premio.
Recentemente fíxose pública a resolución do V Concurso de Traballos por Proxectos, e estamos de noraboa porque un proxecto realizado en 5º e 6º de primaria, o pasado curso, resultou premiado, o título do mesmo é: "Cíes, o noso Patrimonio".
Queremos facer chegar a nosa felicitación o grupo de 6º do curso pasado que xa se atopan no IES xa que forman parte do mesmo.
O produtos máis salientables podémolo ver na crónica da visita Ás Cíes:
O alumnado de 5º e 6º, acompañado do seu profesorado e de Gerardo, foi a visitar as Illas Cíes.
Se premes na foto, podes desfrutar de moitas máis
O obxectivo da visita foi comprobar, in situ, o que aprendemos dentro do proxecto "Cíes, o noso Patrimonio". Unha vez máis a realidade superou todo o que aprenderamos nas aulas. Acompañados por un guía de excepción, Gerardo Fernández Carrera, puidemos desfrutar da súa flora e fauna dun xeito moi ameno. No seguinte enlace podedes lembrar a charla que Gerardo veunos dar ao colexio https://youtu.be/VdDEFlzx0gg
Camiñamos moito, 15 km, pero valeu a pena. O noso ascenso ó "Faro da Porta" quedou recompensando pola presenza de niños de gaivota patiamarela. Estes niños, nalgúns casos, xa estaban habitados por crías e outros por ovos.
Tamén nos achegamos ó "Alto da Campá", que extraordinarias vistas e que formaciones rochosas tan curiosas!
Pola tardiña, despois de repoñer forzas, na illa de Monteagudo, visitamos unha "duna fósil" e "un concheiro", que curiosidades agochan estas illas.
Tivemos tempo para repoñer forzas, degustar un xeado, darnos un baño e xogar.
E como todo acaba, collemos o barco de regreso, non sen antes gritar:
Cies, Patrimonio da Humanidade, xa!
No seguinte vídeo podes ver como reclamamos ese título para as Illas Cíes, que tan merecido ten; uníndonos así á campaña para lograr esta nominación.
Durante o percorrido polas illas tamén recollemos datos sobre as concicións meteorolóxicas ao longo do día. Con todos eses datos realizamos unha edición especial do noso programa informativo do tempo "Orballando Novas". Prestade moita atención:
Moita grazas, Gerardo, por contarnos tantas cousas interesantes, e pola túa paciencia; de seguro nunca esqueceremos esta viaxe.
Coas vacacións de Nadal e a entrada da estación invernal, nada mellor que uns bos libros que nos axuden a mergullarnos no fantástico mundo da lectura. Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras en galego e inglés, para todos os niveis; sen dúbida farán as delicias non só dos cativos senón das familias. Poesía, literatura infantil, música... son moitas e variadas as opcións das que podemos gozar.
Á súa vez incluimos as lecturas obrigatorias, incluidas no plan lector para este curso 2018/2019 para cada curso.