Skip to Content

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Xa están aquí as vacacións de verán. Este curso estivo cheo de actividades e experiencias variadas relacionadas coa lectura e onde a biblioteca foi clave en todas elas. Os contos forman parte das nosas vidas e nos axudan a soñar, ilusionarnos e gozar a través da lectura.

Por iso aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para poder disfrutar delas neste periodo de descanso. Vós desexamos unhas boas vacacións e ata o vindeiro curso!!!

 

 

 

ILUSTRANDO SOÑOS

Este pasado venres 7 de xuño, levouse a cabo a actividade titulada

"ILUSTRANDO SOÑOS: ENCONTRO DE ILUSTRADORES"

Os contos forman parte importante das nosas vidas dende ben pequenos e as ilustracións e as imaxes son sen dúbida unha parte fundamental sobre todo na etapa infantil. Por iso realizamos este encontro, para facer fincapé no importante papel do ilustrador. Con este motivo nos visitaron cinco ilustradores moi importantes :

Bea Fraga, Victor Rivas, Federico Fernández, Óscar Villán e Pablo Rosendo.

Ao longo de todo o mes, o alumnado levou a cabo diferentes actividades sobre a biografía e bibliografía dos ilustradores asignados. Traballos que fixeron con moito esforzo e ilusión.

                            

Levouse a cabo un acto con todos os ilustradores. O alumnado de 3ºB fixo unha presentación sobre Pablo Rosendo que compartiron con todos. Tamén realizouse unha ronda de preguntas feitas polos alumnos sobre o traballo de ilustrador.

                        

Despois do acto, todo o alumnado puido gozar coa realización de diferentes obradoiros levados a cabo polos ilustradores. Aquí vos deixamos un vídeo con todas as actividades.

GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR O VOSO TRABALLO CONNOSCO!!!

           

ENTREGA PREMIOS FARO DA ESCOLA

   Onte, 5 de xuño, tivo lugar a entrega de premios de Faro da Escola. O noso cole acadou 4 premios:

1º Premio Deputación de Pontevedra.

1º Premio Vitrasa.

2º Premio mellor deseño.

3º Premio CSIC.

 

Moitas grazas a todos e todas mestres/as, alumnos/as que tanto traballastes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS FIN DE PROXECTO

   Se o tempo o permite, o vindeiro xoves día 6 de xuño faremos os xogos fin de Proxecto 2019. Aquí deixamos o plano dos mesmos. Se queredes saber os xogos que imos traballar, podedes clicar neste  enlace.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut