O alumnado de 5º e 6º, acompañado do seu profesorado, o venres 1 de xuño foi visitar as Illas Cíes, un bo xeito de empezar este mes.
Visitamos as Cíes despois de traballar o proxecto "Cíes, Patrimonio da Humanidade". Fixemos esta viaxe moi documentados; un dos obxectivos foi comprobar o tempo das illas e comparalo co da cidade de Vigo.
O longo do todo o día fomos comprobando os datos máis significativos do tempo atmosférico: nubes, vento, temperatura...
Prestade moita atención a toda a información recollida na seguinte edición especial de "Orballando Novas"