Aínda que cuns días de retraso sae a 13ª edición do noso informativo do tempo "Orballando novas"; unha sucesión de problemas técnicos fixeron imposible a súa emisión a semana pasada.
Nesta edición centrámonos do paso da borrasca "Giselle" pola nosa comunidade. Un grupo de alumnas de 5ºA contáronnos en profundidade o paso da mesma durante a semana pasada. É bo recordar e poder apreciar que cumpríronse os pronósticos das nosas informadoras.
Prestade moita atención:
Bo traballo!