O Ceip Frian-Teis representará, na modalidade de colexios de primaria, a Galicia no II Congreso Escuelas 2.0 a celebrar en Zaragoza.
O Ministerio de Educación a través do Instituto de Tecnoloxías Educativas, e o departamento de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, organizan o II Congreso Escuela 2.0, a celebrarse en Zaragoza os días 13, 14 e 15 de abril de 2011.
O desenvolvemento do congreso xirará en torno ás experiencias de aula que se están a realizar nos centros educativos de España participantes no programa Escuela 2.0, en Galicia chamado Proxecto Abalar. O congreso está dirixido sobre todo a profesores de aula, coordinadors TIC e responsables e administradores das diferentes comunidades autónomas.
O Ceip Frian Teis, (o noso cole), foi seleccionado pola organización de dito Congreso,para presentar mediante unha ponencia a nosa curta, pero intensa andaina, das nosas aulas abalar.
Enlace á páxina do Congreso: http://www.ite.educacion.es/es/escuela-20/ii-congreso-escuela-20
Os manteremos informados!!!
Comentarios
felicidades!
Sempre é unha gran noticia que se recoñeca o traballo do equipo docente, os pais/nais do colexio sentímonos orgullosos de pertencer a esta comunidad educativa. Gracias