O DÍAS 29 E 30 DE OUTUBRO, NO PAZO DE CONGRESOS DE SANTIAGO CELEBRÁRONSE OS III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. A NOSA BIBLIOTECA, DA MAN DA SÚA COORDINADORA, MÓNICA MUÑOZ SOBRINO, FOI SELECCIONADA PARA EXPOÑER A EXPERIENCIA DESTES ÚLTIMOS ANOS.
ANTE UN AFORO DE CASE 500 PERSOAS, MÓNICA, EXPLICOU AS LIÑAS MESTRAS DOS NOSOS PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS: EN TEMPOS DO CID, O ATAQUE MEUS LECTORES! E UN COLE ,UN LIBRO : O MUNDO!
HABÍA MOITAS EXPECTATIVAS E PENSO QUE NINGUÉN QUEDOU DEFRAUDADO.
MOITAS GRAZAS MÓNICA POLO TEU TRABALLO.
Comentarios
Parabéns!!
Parabéns por todo o traballo tan ben feito que estades a realizar
Noraboa á comunidade
Noraboa á comunidade educativa do Cole Frian, especialmente ó equipo da Biblioteca que está extraordinariamente coordinado por Mónica Muñoz .
Un saudo da "CASTAÑA DORINDA"
Grazas
Dende o equipo da biblioteca dar as grazas a nosa coordiandora pola labor que está a realizar diariamente e parabens pola túa ponencia.
PARABENS
Moitas felicidades a todo o equipo da biblioteca.