Skip to Content

lingua

Música: PRIM6 Enreguéifate "Xogas ou videoxogas"

O Concello de Santiago convocou un concurso de vídeos sobre a regueifa, co título ENREGUÉFATE, e o alumnado de sexto curso de Primaria presentou a seguinte:

NOME DO GRUPO: Xa deberías sabelo

NOME DA REGUEIFA: Xogas ou videoxogas?

Preme nesta ligazón ou na imaxe seguinte para ver o vídeo

EDLG: Concello asturiano da Veiga declara oficial o galego

O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio

O concello asturiano da Veiga (Vegadeo oficialmente en castelán) aprobou hai agora unha semana unha ordenanza pola que se declara a fala que alí se emprega como lingua oficial do municipio. Deste xeito, o eonaviego -galego de Asturias ou coñecido tamén como galego-asturiano no Principado- considérase, "xunto co castelán, lingua propia do Concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen".

Áreas lingüísticas do galego

Áreas lingüísticas do galego [Dominio público Susana Freixeiro]

Documentos relacionados

 [A través de Praza.gal


 PARA APRENDERMOS MÁIS SOBRE O GALEGO DE ASTURIAS:

Ben falado! O galego de Asturias

Capítulo do micro-espazo Ben falado!, espazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega que se emitiu hai uns anos na TVG. Foi dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruibal. © TVG [Ir ao permalink]

Comp: Día das Letras 2017

Estamos orgullosos de vos presentar as actuacións que tiveron lugar no noso colexio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, que este ano se lle dedica a Carlos Casares.

Dexámosvos gozar con algunha fotografía do gran acontecemento, á espera de vos poder mostrar o restro de actividades, tales como os vídeos xa con toda a música e as voces do alumnado do CEIP Fondo Nois.

 

FELICES FESTAS DAS LETRAS 2017

Preme na imaxe para ver máis

EDLG: Recursos educativos dixitais Día das Letras

(a) Material das Letras Galegas 2017 para infantil e primaria elaborado polos GT do Seminario Galán.

http://www.seminariogalan.org


(b) Abalar: Recursos educativos dixitais sobre o Día das Letras Galegas en espazoAbalar

EDLG: VÍDEO.- 'Black Mirror' á galega sobre uso do galego

EDLG: Rosa dos ventos

Para orientármonos mellor

A rosa dos ventos ou rosa náutica

 

Completa:

Abreviada:

EDLG: Instrumentos musicais na tradición galega

Ligazóns

 
 

EDLG: Glosario de erros frecuentes

EDLG: Toponimia, novo portal web

EDLG: apelidos máis frecuentes e corrección de formas deturpadas

Un libro cos 1.500 apelidos máis frecuentes facilita a corrección de formas deturpadas

 
 
Bermejo en lugar de Vermello, Corujo por Coruxo, Gestal por Xestal, Villarino por Vilariño ou Rajo por Raxó son só unha pequena mostra das formas deturpadas de apelidos galegos que xurdiron ao longo de cinco séculos. Co propósito de facilitar a restitución das formas correctas, a Real Academia Galega acaba de editar Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos.

Subscribirse a este contido