Skip to Content

ANPA

DA ESCOLA Á GRANXA

O pasado luns, 30 de setembro, o noso alumnado visitou a granxa de gando vacún de leite SAT Lodos e Pérez, situada no concello da Pastoriza. Durante a visita, tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento dunha granxa, valorar os produtos que se obteñen nela e interactuar cos animais. Foi unha experiencia incrible!

Esta actividade foi organizada a través da ANPA, dentro do Programa  "Da Escola á Granxa", promovido pola Deputación de Lugo.

Achegamos algunhas imaxes.

 

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS.

O pasado 8 de abril, persoal do centro recibiu un obradoiro moi interesante de Primeiros Auxilios organizado pola ANPA e impartido por Aurora Vizoso, enfermeira do 061.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

CHARLA DE NUTRICIÓN - HÁBITOS SAUDABLES.

Hoxe o alumnado de Educación Primaria recibiu na biblioteca unha charla a cargo de Leticia, sobre Nutrición e Hábitos Saudables, organizada pola FAPACEL e solicitada pola ANPA para o noso centro.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut