Xa temos os ultimísimos vídeos de creación propia do alumnado maior do colexio. Agardamos que vos divirtades tanto coma nosoutros cando os estábamos facendo e despois ao velos montados:
Aquí temos a nosa aportación á exposición de varios centros da comarca que tivo lugar na sala de exposición da Casa de cultura de Burela as últimas semanas do mes de abril e principios de maio.
No medio de tanta arte, tivemos tamén unha lembranza para as nosas familias, en forma de agasallo de arte. Por iso este curso visita as familias de 3º o noso proxecto O cadro que mais me gusta:
A pasada semana celebramos o día do libro cunha festa de escritores e moita música. Case escribimos unha novela enteira entre todos, iso si, chea de ilustracións. Bótalle un ollo:
Esta pasada semana tivemos o grande honor de contar cuns obradoiro de ARTE realizados pola ilustradora mariñá Lucía Vila, que resultou ser unha excelente colaboradora tanto para todo o alumnado, como para o profesorado e demais participantes. Estámoslle moi agradecidos todos a Lucía por unhas xornadas que nunca esquecermos.
E como é moito mellor velo, despois dunhas sesións de creativo e divertido traballo, para mostra un botón, aquí tedes as nosas obras de arte, así como o proceso de elaboración en fotos:
Lucía Vila Rego (1984, Benquerencia, Lugo) é unha artista mariñá que compaxina o seu traballo de debuxante e pintora co da docencia en diferentes institutos de Secundaria e outros centros escolares. Licenciada en Belas Artes e Historia da Arte pola Universidade de Salamanca, dedícase principalmente á ilustración de relatos infantís, entre os que destacan os Cuentos de Mariseca para todos los públicos (escrito por Isabel Bernardo, 2010), e os seus cadernos de viaxe, entre eles os de París, Londres, Santiago de Compostela e Salamanca.