Skip to Content

Audiovisual

XOGOS COOPERATIVOS "DÍA DA PAZ".

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, en cada aula elaboramos diferentes xogos cooperativos con material de refugallo e así gozar conxuntamente de todos eles. Pasámolo xenial!  

(Podedes ver o vídeo premendo na imaxe)

ECO-AUDITORÍA DA AUGA NO CENTRO ESCOLAR.

Onte, os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria recibiron na biblioteca a actividade ECO-AUDITORÍA DA AUGA NA CASA E NO CENTRO, impartida por Martina e Manuel da Universidade da Coruña, na que reflexionamos sobre o consumo de auga e o seu derrame e coñecimos diferentes formas para reducilo a través dunha experiencia práctica nos lavabos do centro.

Esta actividade está organizada pola Universidade da Coruña, no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa dentro do proxecto "Mariña Ambiental".

(Preme na imaxe para ver as fotos)

CELEBRACIÓN DO NADAL.

O pasado 22 de decembro, para rematar o primeiro trimestre e comezar as vacacións de Nadal, realizamos diferentes actividades especiais: recibimos a visita de Papa Noel, participamos en diferentes obradoiros de construción de xogos, celebramos as badaladas de Fin de Ano, entregáronse os diplomas e medallas do Xacobeo Mariñán ao nenos e nenas que remataron as rutas e disfrutamos dunha gran variedade de actuacións protagonizadas polo alumnado. 

A continuación deixámosvos varios visionados das mesmas.

Os libros fánnnos vivir emocións.

A biblioteca do noso centro, convídavos a emocionarvos LENDO! E por iso, fixemos este vídeo entre todo alumnado. Esperemos que vos guste! 

FELICES FESTAS!

 

PROGRAMA TAS OU NON TAS. Capítulo 7.

Este curso seguimos co noso programa “TAS OU NON TAS” con novos colaboradores. Parabéns rapazas e rapaces!

Neste novo capítulo, falamos da palabra “CHUCHO”.

Dende aquí enviámosvos moitísimos chuchiños a todas e a todos!

"MULLER, VIDA E LIBERDADE". 25N

Dende a biblioteca realizamos diferentes talleres e actividades para conmemorar o 25N.

Vídeo realizado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria

Realización de pancartas

Obradoiro de pegatinas (2º e 4º de Primaria) 

"MULLER, VIDA E LIBERDADE”.

O pasado 13 de setembro, Mahsa Amini, unha xove iraniana foi golpeada e asasinada a mans da policía, polo simple feito de non levar o velo como marca a lei.

A día de hoxe, Ana Baneira, activista galega, está detida pola Policiía da Moral en Teherán, ao participar nas manifestacións tras a morte de Mahsa.
 
Dende o CEIP Fondo Nois, mostramos o noso apoio e solidariedade ás mulleres de Irán, pedimos a liberación de Ana e continuamos na loita e defensa dos dereitos e lliberdades para rematar coa discriminación de xénero.
 
Hoxe, todas e todos somos MAHSA e ANA!
 
MULLER, VIDA E LIBERDADE!

O NOSO COLE

Dende a biblioteca, deixámosvos un vídeo resumen protagonizado polo noso alumnado, no que explican algúns dos proxectos que se realizan no cole. SON UNS ARTISTAS!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2022.

Durante esta semana celebramos a exposición de cabazas do Samaín, cun gran éxito de participación coma todos os anos. No seguinte vídeo veredes o excelente resultado das creacións realizadas polos nosos alumnos e familia, cheas de creatividade, orixinalidade e humor.

Moitas grazas e parabéns a todos os participantes.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut