O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", no que veremos como conxugamos os verbos facer e poder na nosa zona, xa que aquí “faigo” e “poido” no canto de “fago” e “podo” como no resto de Galicia.
Como xa sabedes, esta semana temos a extraordinaria visita dos mellores investigadores de todo o mundo, para reunirse no I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña, que terá lugar no noso centro mañá venres. Mencionar, que nos quixeron agasallar con este impresionante documental, onde se recolle a súa experiencia como investigadores e que foi realizado e editado por eles mesmos.
Estamos súper orgullosos de vós! Parabéns a todas e a todos e grazas polo agasallo! Sodes uns cracks!
O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz. Para dar comezo, dous alumnos de Primaria leron un manifesto para a Paz. A continuación, todo o alumnado, profesorado e persoal do centro participamos nunha coreografía elaborada por Alba, a nosa mestra de Música, da canción "A mi me gusta la vida" de Funambulista.