EDLG: Videodenuncia marxinación galego no cinema
O vídeo salienta que só o 27% das producións audiovisuais galegas son gravadas en galego
Romero insire imaxes das películas distribuídas internacionalmente no catálogo Films from Galicia da AGADIC. E lembra que o 69% das producións son gravadas en castelán e só o 27% en galego
O ferrolán Brais Romero gañou o Premio ao mellor Vídeo Ensaio Galego con Films From Galicia (?), que ofrece unha visión crítica e combativa na marxinación do idioma galego na produción audiovisual galega e do que o xurado destacou "a calidade na realización do videoensaio, cun tratamento sonoro moi expresivo". No vídeo, Romero insire imaxes de 32 das películas distribuídas internacionalmente no catálogo Films from Galicia da AGADIC: 21 en castelán, 9 en galego e 2 noutras linguas. E lembra que o 69% das producións son gravadas en castelán e só o 27% en galego. "Comos nos ven dende fóra? Como nos vendemos? Como nos vemos? Se de súpeto deixásemos de oír a versión orixinal en galego notaríamos a diferenza? Ou é que xa estamos acostumados a non oír a nosa voz?", pregúntase mentres vai silenciando o son dos filmes en galego inseridos na súa videocreación.
A Academia Galega do Audiovisual entregou esta mañá na Deputación da Coruña os primeiros premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por cinco novísimos investigadores e investigadoras galegas, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións.
- blogue de EDLG
- APIs de Blogue
- Imprimir