Skip to Content

Comp: Expo.- Reservas da biosfera

Preme na imaxe para ver máis

OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

Guía de Recursos para o profesorado sobre As Reservas da Biosfera de Galicia

Lámina de especies invasoras

REDE GALEGA DE RESERVAS DA BIOSFERA

Galicia conta con 6 Reservas da Biosfera que representan o 25% do territorio da Comunidade Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). Forman parte delas unha gran cantidade de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000, incluíndo ZECs y ZEPAs, así como varios Monumentos Naturais e espazos protexidos por outras figuras de conservación internacionais (RAMSAR).

Webs das seis Reservas da Biosfera Galegas

Consulta a información do proxecto fenolóxico  e sobre a Campaña prevención de especies invasoras

Terras do Miño

· A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia (2002) e a segunda máis grande da Península Ibérica.

· Inclue 26 municipios integrados na Cunca Alta do río Miño: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara , ocupando o 39% da provincia de Lugo, cunha superficie total de 363.668 ha, constituindo unha das Reservas da Biosfera máis poboadas de España.
terras do miño
· Unha grande parte da Reserva está incluida dentro da Rede Natura 2000, incluindo dous LICs (Lugar de Interés Comunitario), que son “Parga-Ladra-Támoga”, constituido fundamentalmente polos denominados “paisaxes da auga”, e o de “O Xistral”, con predominio de formacións de turberas de cobertor. O primeiro deles, foi beneficiado polo programa LIFE-Naturaleza a través do Proxecto: LIC Parga-Ladra-Támoga: Mejora de Bosque Inundable e Lago Distrófico, para o periodo 2001-2006.



blog | by Dr. Radut