Skip to Content

EDLG: O Samaín

| Samaín |

 

                                            CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Feliz Samaín:

Para poder celebrar esta festividade na última semana de outubro cada neno e nena poderá decorar unha cabaza (non é necesario baleirala) na súa casa. Despois na escola realizarase unha exposición.

Con esta celebración pretendemos:

  • Recuperar unha antiga tradición galega, o Samaín.
  • Realizar unha actividade interdisciplinar entre as áreas das linguas inglesa e galega para explicar a orixe común do Halloween e o Samaín.


As cabazas xa decoradas deberanse traer ao colexio antes do venres, 28 de outubro.

Ao finalizar o venres, 28 de outubro, poderanse levar as cabazas para a casa. Por motivos organizativos, as cabazas que permanezan no centro serán retiradas.


                                                                       O Profesorado

Dinamización da Lingua Galega

 


 

Podedes ler máis sobre as semellanzas e as diferenzas entre o Samaín e o Halloween aquí:  Ler máis 


Cabazas do Samaín

Samaín

Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. A tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transmutouse nun carnaval outonal.

É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, etc.

Coñece máis sobre o Samaín no resto do artigo sobre Samaín publicado en VIEIROS DA ESCOLA (Nº 10 Novembro 2006):

Cabazas do Samaín

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1º de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego López Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense, etc.

|Preme aquí para saber máis sobre como celebramos o noso Samaín |

|Oreme aquí para ler máis sobre a orixe, o significado e a actualidade do Samaín na Galiza|

 



blog | by Dr. Radut