Skip to Content

Extra.- Xadrez. Campionato Provincial

Monforte acolle o Campionato Provincial Escolar de Xadrez

05/05/2015 - Deportes

O vindeiro domingo día 10 de maio celebrarase, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, o Campionato Provincial Escolar de Xadrez.

Este campionato está organizado pola Xunta de Galicia dentro do programa Xogade de Deporte Escolar e o Club Xadrez Forte, e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

O horario do campionato será de 10:30 a 17:30 horas.

Un total de vinte rapaces/as de Monforte se clasificaron para esta fase final da competición escolar de xadrez correspondente ó curso 2014 – 2015.



blog | by Dr. Radut