Cineteca solidaria
Na páxina de tamén nos ofrecen a súa cunha morea de filmes a xeito de contos solidarios.
A continuación deixamos unha selección dalgún deles, aptos para menores de 12 anos:
Kirikou e as bestas salvaxes (Kirikou et les bêtes sauvages) Apta para todos os públicos (TP) |
|
O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos cómo Kirikú se converte en xardineiro, detective, oleiro, comerciante, viaxeiro e médico e como o máis pequeño e valente dos heroes terá que buscar no seu interior para atopar o valor, a astucia e a xenerosidade necesarias para triunfar sobre o mal. |
Cinzas no ceo (Cenizas en el cielo) Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7) |
|
Ferguson, un escocés aventureiro que escribe guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixao entalado non precisamente á beira dunha fermosa praia senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo... |
Os limoeiros (Etz limon) Apta para todos os públicos (TP) |
|
Salma, unha viúva palestina, decide librar unha batalla contra o ministro de Defensa de Israel, cuxa casa linda co seu campo de limoeiros, na fronteira entre Israel e os Territorios Ocupados. A policía non tarda en decretar que as árbores de Salma representan unha auténtica ameaza para o ministro de Defensa e a súa familia, e ordena que se tallen... |
A banda visítanos (Bikur hatizmoret) Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7) |
|
A banda visítanos segue as desventuras dunha banda de músicos exipcios que por un malentendido acaban perdidos nun pequeoo poblo israelí no medio do deserto. A rutina diaria dos habitantes deste pobo verase completamente trastocada... |
Viva Cuba Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7) |
|
Malú e Jorgito son dous nenos que se prometeron amizade para toda a vida, a pesar de que as súas familias se detestan. Cuando a avoa de Malú morre e a súa nai decide irse vivir fóra de Cuba, Malú e Jorgito terán que escaparse até a fin do mundo en busca dunha esperanza para o seu amor. |
Binta e a gran idea Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7) |
|
Binta ten sete anos, vive nuha preciosa aldea no sur do Senegal, e vai ao colexio. A súa curmá Soda non ten esa sorte. A ela permítenlle aprender as cosas que ignora deste mundo. Binta admira a seu pai que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu. |
O neno que quería ser un oso (Drengen der ville gøre det umulige) Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7) |
|
Unha osa polar dá a luz a un cachorro morto. O compañeiro, para aliviar a súa pena, decide roubar un neno para que ela o adopte. O neno aprende o modo de vida dos osos e cando é devolto á súa familia biolóxica non consegue adaptarse. Anhela a súa anterior vida e síntese como un oso. |
A bicicleta de Pequín (Shiqi sui de dan che) (Beijing bicycle) Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7) |
|
Película chinesa sobre o valor dunha bicicleta, a loita por ese medio de transporte como única posibildade de futuro, o odio, o amor, a amizade a través dunha bicicleta en pleno século XXI. |
O encerado (Takhté siah) Apta para todos os públicos (TP) |
|
Un grupo de profesores viaxan polo Kurdistán cargando cos seus encerados ás costas en busca de estudantes aos que ensinar. No camiño atopan moita xente maior e formas de vida variadas, tratando de axudar e compartir o coñecemento con calquera persoa que estea disposta a aprender. |
Nen un menos (yi ge dou bu neng shou) Apta para todos os públicos (TP) |
|
É a historia dunha nena obstinada que pelexa polo seu posto e tenta manter a clase completa, loitando contra a pobreza extrema. Ela, pouco máis vella cós seus alumnos, irase convertendo nunha mestra real ao longo do filme. |
Ladrón de Bicicletas (Ladri di Biciclette) Apta para todos os públicos (TP) |
|
Dirixida por Vittorio De Sica, esta película emprega todas as peculiaridades do estilo neorrealista: unha historia simple sobre as vidas de personas comúns e correntes, todo isto contraposto a unha problemática social como foi a da Italia despois da Segunda Guerra Mundial. |
* * *
- blogue de biblioteca
- APIs de Blogue
- Imprimir