Estes días imos aprender a traballar doutra forma, é momento de adaptarse a outras circunstancias, que van ser moi importantes para traballar o que xa falamos tantas veces: a adaptación ao cambio, a autonomía persoal, a organización do traballo e a responsabilidade. Imos facilitar os exercicios que debedes facer para seguir co voso proceso educativo.
Os nenos/as de 3º de primaria encheron o mar de desexos de paz. Hoxe, día da paz, leronnos todos e compartiron cos seus compañeiros/as todas as súas boas intencións.