Skip to Content

Libros de texto

Fondo solidario para adquisición de libros e material escolar 2019/20

Xa saíu a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG, 21 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Estade atentos ás datas:

Presentación das solicitudes: do 21 de maio ata o 21 de xuño do 2019

Libros de texto para o curso 2018/19

Poñemos á vosa disposición a relación de libros de textos para o curso 2018/19(revisado o ISBN) por mor de solventar os posibles erros.

O material que se empregue para  Música comunicarásevos en setembro.

 Educación Infantil non empregará libros de texto para o vindeiro curso. En setembro informarásevos de todo o que fose preciso.

Fondo solidario para adquisición de libros e material escolar.

Xa saíu a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG, 21 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Estade atentos ás datas:

Presentación das solicitudes: do 23 de maio ata o 22 de xuño do 2018

Ver toda a información no documento que se adxunta.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-2019

Poñemos a vosa disposición a listaxe de libros de texto para o curso 2018-2019 co ISBN(revisado)co fin de poder solventar algún problema que poidades ter.

 

Listado libros de texto curso 2017-18

Para consultar os libros de texxto do vindeiro curso consultar arquivos adxuntos.

 

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Nota informativa:

  • O centro publicará no taboleiro da entrada (19 de xuño) o listado de material (libros e cadernos de actividades) a utilizar para o vindeiro curso.
  • RECOLLIDA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria)

.          Prazo de entrega: do 12 ao 16 de xuño.

  • Aos solicitantes de fondos de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (2017-2018):

            - Publicación de listaxes provisionais: 3 de xullo.

            - Datas de reclamación: 4,5 de xullo.

            - Publicación definitiva: 6 de xullo.

 

  • AOS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) E DE MATERIAL ESCOLAR (2017-2018):

           Entrega de vales: 4 de xullo de 11:00 a 12:30

           No suposto de recollelos unha persoa distinta ó pai/nai deberán traer unha autorización escrita.

           E en calquer caso é indispensable que traian o D.N.I.

 

IMPORTANTE:

  • TODO O ALUMNADO QUE NO CURSO 2017-2018 ESTEA NOS NIVEIS DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, O CENTRO FACILITARALLES TODOS OS LIBROS DE TEXTO, AGÁS OS CADERNOS DE ACTIVIDADES.
  • TODO O ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 4º OU 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PODERÁ FACER A SOLICITUDE AO FONDO DE LIBROS, INDEPENDENTEMENTE DA RENDA, XA QUE SERÁN ASINADOS EN ORDE INVERSA A RENDA PER CÁPITA, ATA QUE SE AGOTEN AS EXISTENCIAS.

           (Os libros serán repartidos en setembro)

A DIRECCIÓN

 

Fondo solidario de libros de texto

Está aberto o prazo para solicitar o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º, 5º, 6º de Educación Primaria), AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO (1º, 2º de Educación Primaria) E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2017-2018.

  • Datas de presentación da documentación: do 23 de maio ata 23 de xuño de 2017.
  • Pódese descargar o ANEXO I premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut