Skip to Content

Bo nadal, Europa

Día Internacional da Violencia de Xénero

                         

O 25 de novembro celebrouse  O DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Mes da ciencia

              

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

A Biblioteca Escolar do Flavia recolle o testigo e organiza actividades e unha exposición para difundir a ciencia nas escolas.

Campaña de recollida de alimentos: mes de novembro

O noso centro en colaboración co IES Camilo José Cela estamos levando a cabo unha campaña para a recollida de alimentos.

Durante o mes de novembro estamos recollendo CACAO e CAFÉ.

II Encontros coas familias

Impreso para a xustificación de faltas de asistencia

Aquí vos deixamos o impreso que tendes que entregar cuberto no caso de que o voso fillo ou filla falte a clase. Deste xeito quedará correctamente xustificada a súa ausencia.

Lembrade que tedes 7 días para entregalo a partir da incorporacióndo alumno/a á clase.

Celebración do Magosto e o Samaín

Ola a tod@s!!!

Aquí podedes ver un resumo do que fixemos co gallo da celebración do Magosto e o Samaín. Esperemos que vos guste!!!

 

 

Calendario escolar 2017/18

Este é o calendario escolar 2017/18 definitivo para o presente curso. Se o queredes ver máis grande, clicade sobre él.

Reunión informativa cos titores e especialistas

Estimados pais/nais/titores legais:

Comunicámoslles  o calendario  das distintas reunións informativas do profesorado titor e especialistas para o presente curso.

  • 19 de setembro:

           De 16:00 - 17:00 h: EDUCACIÓN  INFANTIL

           De 17:00 - 18:00 h: 1º, 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Horario para o primeiro día de clase

O luns 11 de setembro comezamos as clases do curso 2017/18. Para este día o horario será o seguinte:

  • Alumnado de Educación Infantil de 10:30 a 12:30
  • Alumnado de Educación Primaria de 10:00 a 12:30

Agardámosvos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut