A evolución da linguaxe varía duns nenos a outros segundo factores como a madurez, a contorna social e familiar, .... Non obstante, aquí vos presento uns sinais aos que hai que estar pendientes.
Idade |
Sinais de alarma |
Entre 1 ano e 1 ano e medio |
- Non comezou a practicar os sons das primeiras consoantes (p, t, k...)
- Non intenta comunicarse aínda que sexa con xestos.
- Non comprende as formas adeus e non.
|
Entre 1 ano e medio e dous anos |
- Non coñece algunha parte do corpo nin a sinala.
- Non comprende instruccións sinxelas.
- Non sinala cousas cotiás que lle dis.
- Non aumenta na produción das consoantes.
- Segue sen intentar comunicarse aínda que sexa con xestos.
|
Entre 2 anos e 3 anos |
- Non é capaz de de formar frases empregando 2 palabras.
- Non se fai entender polo seu entorno máis inmediato: a familia.
- Non nomea cousas cotiás: pelota, mesa …
- Todavía non é capaz de nomear polo menos 3 partes do seu corpo.
|
Entre 3 anos e 4 anos |
- Non é capaz de facer oracións con 3 ou 4 palabras.
- Non ten interese por relacionarse cos seus iguais.
- Segue sen comprender instruccións sinxelas.
- Non ten xogo simbólico (facer de cociñeiro, peitear unha boneca…).
- Non se entende o que fala con persoas alleos ao seu entorno máis inmediato.
|