Deglución atípica
A deglución atípica consiste en colocar a lingua de forma inadecuada no momento de tragar os alimentos. A lingua proxéctase cara os incisivos superiores e inferiores e, como consecuencia soe producirse unha maloclusión dental (son frecuentes as mordidas abertas), dislalias (que ao ser orgánicas convértense en disglosias),etc
Existen algunhas características que debemos ter en conta:
- Boca aberta para respirar e a lingua está en repouso detrás dos incisivos inferiores ou entre os dentes.
- Masticación incorrecta
Todo isto pode repercutir nos órganos implicados na articulación especialmente:
- nos beizos que soen manifestar hipotonía
- a lingua que soe estar mal colocada
- no padal soe ser frecuente o padal oxival porque a lingua ao non estar empuxando constantemente cara él porque está entre os dentes o padal vaise estreitando e ten forma de bóveda
- Crecemento desigual mandibular
Ante a sospeita de que isto esté ocorrendo débese acudir ao odontólogo pero se a lingua segue a colocarse mal non se solucionará o problema polo que sempre se debe facer terapia miofuncional, é dicir, uns exercicios que axuden ao neno/a a colocar ben a lingua.
Desde aquí vos dicimos unha serie de exercicios que vos poden servir para a deglución atípica.