Skip to Content

ENTRADAS E SAÍDAS A PARTIR DO LUNS 14 DE SETEMBRO

Estimadas familias:

 

Xuntamos o arquivo coa colocación e horarios de entradas e saídas do alumnado.

De cara á boa organización do Centro pregamos se cumpran os horarios e colocación establecidas.

Estade atent@s á páxina web xa que estamos pendentes do acceso pola porta traseira do Paseo Marítimo, o cal modificará tanto os horarios coma a ubicación de cada curso.

 

AVISO COMEDOR

Lembramos que o alumnado de comedor "Jardanay en casa" sae pola porta do paseo marítimo a partir das 14:15h.

INFOGRAFÍAS DE INTERESE

Xuntamos Infografías de interese para toda a comunidade eduactiva deseñadas polo médicos de Mediciña interna do CHUAC para axudar aos centros educativos na prevención do Covid-19.

 

Agradecemos a colaboración que nos aporta este colectivo e esperamos que nos axude a todos/as.

 

MATERIAL ALUMNADO DE 4º E.P

Adxuntamos o listado de material para o alumnado de 4º de Educación Primaria.

INFORMACIÓNS DE INTERESE PARA FAMILIAS INICIO DE CURSO 2020-2021

 

Benqueridas familias,

A piques de comezar as clases e como xa se vos informou, de xeito progresivo, (xuntamos horarios de entrada para cada nivel), queremos concretar, a modo de resumo, unha serie de consideracións básicas de interese:

 

REUNIÓNS XERAIS DE INICIO DO CURSO COAS FAMILIAS

Estimadas familias:

Xuntamos datas e horarios das reunións de inicio de curso co titorado.

Dada a situación actual e as restricións á hora de celebrar reunións, estas faranse en varias quendas por grupos reducidos, polo que pregamos asista un só proxenitor por familia.

AVISO IMPORTANTE AOS PAIS: reunión familias comezo do curso.

Ao longo do día de hoxe e mañá, os titores e titoras chamarán as familias para avisar da data, hora, lugar e quenda da reunión de principio de curso.

Así mesmo, publicaranse na páxina web do Centro un cadro resumo de ditas reunións.

No caso de educación infantil queda anulado o cadro publicado anteriormente.

 

Equipo Directivo.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

  • A partir de mañá, xoves día 3 de setembro de 2020, estarán publicados no taboleiro da entrada do centro o listado de alumnado de 3 anos por grupos.
  • Tamén será publicado o período de adaptación.

ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias

Como toma de primeiro contacto para iniciar o curso 2020/2021, as reunións coas familias levaranse a cabo antes do comezo das clases.

Para que sexan o máis seguras posibles tentaremos facelas da maior brevidade posible e cumprindo as seguintes normas. É obrigatorio: 

Distribuir contido


by Dr. Radut