Skip to Content

Avaliación Diagnóstica 4º de E.P.

Estimadas familias:

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.

Día Internacional da Muller nas TRIC

En conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende o equipo de dinamización das TRICs (Tecnoloxías de Relación, Comunicación e Información) queremos poñer o foco en dúas mulleres españolas que acadaron fitos destacados no mundo das Ciencias e a Tecnoloxía como son Sara García Alonso e Elena García Armada.

ACTOS NO CENTRO POLO 125 ANIVERSARIO

O venres 15 de decembro despedimos os actos conmemorativos do 125 do CEIP Eusebio da Guarda cun acto que reuniu a membros da Comunidade Educativa que ao longo dos anos pasaron por este Centro: profesorado, membros da ANPA, alumnado, o representante do servicio de Inspección Educativa Belisario Sixto e mesmo o representante do Concello, o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

PREMIO NO CERTAME DE FOTOGRAFÍA E DEBUXO "25N - POLA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA"

A nosa compañeira Dolores Arjomil ven de gañar co seu grupo de alumnos de 5º de Educación Infantil un premio no Certame de Fotografía e Debuxo "25N - pola convivencia sen violencia" organizado pola Plataforma pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero do Castrillón-Urbanización Soto.

PROTOCOLO PARA O USO DE TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería de Cultura, Educación, Formacion Profesional e Universidades ven de publicar a seguinte orde e protocolo para o uso de teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos de Galicia.

Podedes consultalo premendo na seguinte ligazón, Orde de 4 de xaneiro de 2024.

"GRAZAS, HEMATOCRÍTICO"

"SPIDERMAN E EU" GAÑA O 1º POSTO

Moitísimos parabéns ao noso compañeiro Manuel Villar e aos nenos e nenas que participaron con el no Emove International Festival xa que veñen de acadar o 1º posto coa súa curtametraxe "Spiderman e eu".

Dende o CEIP Eusebio da Guarda non podemos estar máis orgullosos polo galardón e pola labor de concienciación que Manuel desenvolve a través da linguaxe audiovisual.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 1º posto "Spiderman e eu"

UN TALLER MÁXICO E “TERRORÍFICO”

Só uns poucos focos alumeaban unha aula case escura, estabamos a piques de entrar no taller do Samaín para os nenos de infantil.

DESCUBRIMOS O RESULTADO DAS VOTACIÓNS DO PDI 23/24

Preme aquí para descubrir o gañador do PDI 2023-2024!

Distribuir contido


by Dr. Radut