Skip to Content

UN TALLER MÁXICO E “TERRORÍFICO”

Só uns poucos focos alumeaban unha aula case escura, estabamos a piques de entrar no taller do Samaín para os nenos de infantil.

Pintamos con pinturas especiais que brilaban na oscuridade un calzón “maléfico” - protagonista dun conto contado polas mestras- e tamén a nosa cara. Dúas bandexas tuff tray cheas de obxectos medoñentos e visibles coma estrelas na noite, facían que as nosas mans non puideran parar de xogar e tocar.

Finalmente e para que se vira o guapiños e guapiñas que estabamos unha vez pintados, posamos diante dun photo call.

Pasámolo tan ben que xa estamos a contar os días para o SAMAÍN 2024!

 

    

   

                          



blog | by Dr. Radut