Estimadas familias
Como toma de primeiro contacto para iniciar o curso 2020/2021, as reunións coas familias levaranse a cabo antes do comezo das clases.
Para que sexan o máis seguras posibles tentaremos facelas da maior brevidade posible e cumprindo as seguintes normas. É obrigatorio:
- Asistir con máscara
- Unha persoa por familia
- Gardar a distancia de seguridade
Deberán traer consigo os libros solicitados do neno/a, cada un deles marcado co seu nome e todo dentro dunha bolsa plástica, tamén etiquetada co nome do alumno/a.
Aproveitaremos para recoller a aportación económica para o material de aula, que será para o alumnado de 3 anos 40 euros, e para o alumnado de 4 e 5 anos de 30 euros. Deberán traer o importe exacto.
Os horarios das reunións serán os seguintes:
CURSO |
DATA |
HORA |
LUGAR |
3 ANOS A |
VENRES 4 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
SALÓN DE ACTOS |
3 ANOS B |
VENRES 4 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
XIMANSIO GRANDE |
3 ANOS C |
VENRES 4 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
XIMANSIO PEQUENO |
4 ANOS A |
MARTES 8 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
SALÓN DE ACTOS |
4 ANOS B |
MARTES 8 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
XIMANSIO GRANDE |
4 ANOS C |
MARTES 8 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
XIMANSIO PEQUENO |
5 ANOS A |
LUNS 7 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
SALÓN DE ACTOS |
5 ANOS B |
LUNS 7 SETEMBRO |
16 – 16:30 |
XIMANSIO GRANDE |
5 ANOS C |
LUNS 7 SETEMBRO |
18 - 18:30 |
XIMANSIO PEQUENO |
PARA FACILITAR O DESPLAZAMENTO DENTRO DO CENTRO, EN FUNCIÓN DO LUGAR DA REUNION, AS VOSAS ENTRADAS E SAÍDAS SERAN POR DIFERENTES PORTAS:
-
PARA AS REUNIÓNS NO SALÓN DE ACTOS, POLA PORTA PRINCIPAL DO COLEXIO.
- PARA AS REUNIÓNS NO XIMNASIO GRANDE, POLA PORTA GRANDE DO PASEO MARÍTIMO.
- PARA AS REUNIÓNS NO XIMNASIO PEQUENO, POLA PORTA PEQUENA DO PASEO MARÍTIMO.
ROGAMOS, POLO BEN DE TODOS, QUE SE CUMPRAN TODAS AS MEDIDAS
MOITAS GRAZAS