QUERIDAS FAMILIAS
Festa dos Maios 2020
Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a través dunha iniciativa que parte do noso cole veciño o CEIP Manuel Masdías,
queremos propoñervos UNHA ACTIVIDADE DO MÁIS DIVERTIDA para ocupar o tempo nestres días de confinamento.
Consiste en recuperar un día tan divertido como é a celebración da festa dos Maios.
A actividade consiste en que elaboredes un maio mediante as técnicas e os materiais dos que dispoñades, para o primeiro domingo de maio, día 3, colocalos nunha ventá ou balcón das vosas vivendas, mantendo así unha tradición que celebramos no colexio dende hai anos e que tamén permite pasar tempo en familia.
Como xa sabedes, a festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou
escultura, chamada maio, a partires de elementos vexetais, flores e froitas. Tradicionalmente, tamén se levaban polas rúas e se lle dedicaban bailes e cantigas. Para adaptalo á situación actual, podedes
realizalo mediante debuxos, teas que teñades por casa, materiais de refugallo, pintando nas ventas...
Calquera idea é boa, botádelle imaxinación!
Unha vez finalizado o voso maio, mandádenos unha foto e realizaremos un mural con todos os vosos traballos.
A finalidade é chegar ao maior número de fogares, baixo o lema:
Ferrol, de frores cuberto!!!!.
ANIMÁDEVOS !!!!!
Nos seguintes enlaces atoparedes tutoriais que os poden inspirar na elaboración dos vosos maios:
Flores en papel: https://www.youtube.com/watch?v=mL5vUsvIcxc
https://www.youtube.com/watch?v=-xSEf4H69v4
Decorar as fiestras: https://www.youtube.com/watch?v=EFEFvgMfinc
Flores en tea: https://www.youtube.com/watch?v=iWoUuhvV0IY
https://www.youtube.com/watch?v=bCaFl_AbKBE