O CARNAVAL DOS ANIMAIS
Saint Saëns compuxo un conxunto de pezas independentes que se dedican cada unha a un animal que á súa vez será representado por un instrumento.
1. Introdución e marcha real do león. Seguro que non vos costa nada imaxinar os ruxidos do rei da selva na música interpretada polos instrumentos de corda. Podes moverte como o león e imitar os seus ruxidos. Neste vídeo vas vendo que instrumento sona de cada vez.
https://youtu.be/zfSIvQsJIpw
2. Galiñas e galos. Dura moi pouco, escóitao e trata de adiviñar que instrumentos sonan.
https://youtu.be/5b3f2ZzIDM0
Ademais déixovos un genially para que repasedes as notas musicais no pentagrama e unha ficha para colocar o nome das notas que faltan
o pentagrama