Un ano máis celebramos a tradicianal festa do deporte popular e da xuntanza entre os membros da comunidade educativa.
|
ACCESO LIMITADO AO EX-ALUMNADO E MEMBROS DA COMUNIDADE ACTUAL |
O alumnado terá actividades organizadas arredor do xogo popular ao longo da mañá, compartindo un tempo de lecer divertido e en compañía do resto de compañeiros/as.
A partir das 13:00 as familias poderedes accecer ao recinto escolar polas dúas portas de acceso para que poidades situarvos nos espazos das zonas verdes (en caso de choiva sería dentro do pavillón polideportivo).
Coma o ano pasado o centro fai un uso responsable da auga e non permitirá o acceso aos baños para encher calqueira xoguete ou elemento coa mesma, agradecemos a vosa colaboración neste sentido.
Ás 17:00 o ANPA ten organizado no patio cuberto a festa da escuma (é obrigatorio o uso de escarpíns ou outro calzado antideslizante para evitar esvarar no chan).
O centro dispón na planta baixa de aseos para o alumnado e familias, estando prohibido o acceso á primeira planta.