Skip to Content

 

   

INICIO DE CURSO 2020-2021 (10 SETEMBRO)

Estimadas familias, ás portas dun novo curso escolar desexamos que todos/as vós atopedes ben de saúde.

Este inicio de curso vai a ser diferente ao que tiñamos acostumado, pero non por iso imos restar forzas para que todo saia ben e coas maiores garantías posibles en relación á prevención e seguridade dos/as nosos/as nenos e nenas.

A partir da vindeira semana iremos empregando as canles de comunicación habituais: 

  1. Páxina web
  2. AbalarMóbil

para comunicar calqueira nova ou información de interese en relación ás titorías, comedor, actividades, etc.

Xa podedes consultar a versión preliminar do PROTOCOLO DE ADPTACIÓN AO CONTEXTO COVID que irá sufrindo actualizacións periódicas en función das necesidades ou requisitos da situación sanitaria. 

 

Preguntas frecuentes:

1. É obrigatorio o uso da mascarilla?

  • Alumnado de educación infantil ----> NON
  • Alumnado de educación primaria ---- SI (o alumnado debe traelas da casa)

2. Como serán as entradas e saídas?

  • Escalonadas e espaciadas en áreas para garantir a separación entre os grupos estables de referencia.
  • Podedes consultar os horarios de entrada e saída no PROTOCOLO.

3. Como se organizan os grupos?

  • En grupos estables de referencia (cada aula forma u grupo que non se relaciona co resto).

4. Existen medidas de seguridade e prevención?

  • En cada aula existe un área localizada con produtos de hixiene e prevención.

5. Haberá actividades extraescolares?

  • Dadas as circunstancias sanitarias NON haberá actividades extraescolares de momento, podendo retomalas se a situación o aconsella e permite.

6. Haberá servizo de comedor?

  • Dende o día 1 ao 4 completaredes as familias interesadas neste servizo un formulario para determinar as posibilidades e organización do servizo.

* Calqueira dúbida enviar un correo a ceip.esteiro@edu.xunta.es e pasará a formar parte deste bloque de preguntas frecuentes para o coñecemento de toda a comunidade educativa e así evitar a duplicidade de consultas (non se enviará resposta ao correo).

 



page | by Dr. Radut