Skip to Content

 

   

PLÁSTICA 5º 8 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES UNHA NOVA TAREFA DE PLÁSTICA, CONSISTE EN FACER UN ESGRAFIADO, PENSO QUE VOS VAI GUSTAR. CANDO A TEÑADES FEITA FACEDES UNHA FOTO E A COLGADES NA TAREFA.

ANTES DE COMEZAR MIRADE O VÍDEO QUE COLGUEI AO PRINCIPIO DA MESMA.

Na práctica

Na práctica

Practicaremos agora a técnica do esgrafiado. Consiste en pintar un soporte con diferentes cores. Unha vez as pinturas estean secas, cóbrese con outra cor (normalmente, negro) e, antes de que seque, fanse incisións cun punzón, deixando ao descuberto as cores que están debaixo.

Material

  • Papel forte ou cartolina
  • Ceras brandas
  • Un escarvadentes

Pasos

  1. Primeiro fai un debuxo do que queiras representar.
  2. Logo pinta coas ceras tons claros.
  3. A continuación, empasta ben a superficie. Ten que estar totalmente cuberta.
  4. Con cera de cor negra cubre toda a superficie.
  5. Por último, coa axuda do escarvadentes, rasca a superficie para sacar as cores que están debaixo.


blog | by Dr. Radut