Skip to Content

 

   

POR FIN, O DÍA DO PEÓN!

Por fin chegou o Día do Peón. Había nenos e nenas que o esperabamos especialmente; tiñamos traballado tanto para aprender a bailalo que xa nos tardaba demasiado. Comezamos cantando a canción da "Buxaina". Case, case que se convertiu no himno do colexio.

O director continuou lendo o Manifesto do Día do Peón. Parece ser que foi lido en moitísimos colexios de Galicia. Foi un texto moi divertido de Suso de Toro.

Máis Máis tarde vimos ao campión do mundo no manexo de peóns nun vídeo. Tamén vimos outro video dun artesán facendo un peón. Non hai imaxes pois o salón quedou a escuras.

Despois saímos os que conseguimos o "Master en peóns" a facer unha demostración do que aprendimos desde que no San Martiño quitamos os peóns ao camiño.

 

Continuamos facendo unha demostración dun xogo onde podemos romper os peóns dos compañeiros. É moi divertido.

Rematamos coa entrega de diplomas. José Carlos destacou a Sara xa que dixo que os xogos non son de nenos nin de nenas.

Un Un gran día! Xa estamos esperando o próximo. Por certo, gardaremos os peóns polo San Amaro que cadra polo 15 de xaneiro.

Iso si, o colexio está agora máis bonito coa exposición de peóns e o cartel que fixeron para este día tan especial os nenos e nenas de 2º.

Por certo, Carlos Maldonado, de 5º de E.P. escribiu un conto precioso para esta ocasión.




O PEÓN DE OURO

Hai moitos anos, nun
pequeño pobo de Galicia, vivía unha buxaina feita de madeira de roble e, por
ese motivo, era a que mellor bailaba. Ademais estaba decorada dun xeito moi
bonito. Un día, competindo con outros peóns, tropezou cunha pedra e rodou ata o
río. A corrente a arrastrou ata unha aldea que ela nunca antes vira. Entón
notou que ningún peón daquela cidade estaba decorado. De repente, pasou por
diante del un peón de ouro que lle preguntou:

-        

Ti non es
deste pobo, verdade?

-        

Non,
respondeu.

-        

Pois direiche
que eu son o rei deste pobo e a mellor buxaina do mundo.

Enton, o peón propúxolle
ao rei celebrar un concurso para ver cal dos dous facía mellor o “Pico ao aire”
e que se perdía el sería o novo rei desa cidade.

-        

Acepto, dixo
o rei.

O día seguinte,
xuntáronse nunha praza para celebrar o concurso. O peón de madeira fixo moi ben
o “pico ao aire”, pero como o peón de ouro pesaba tanto non conseguía elevarse.
Así que a partir dese día deixou de ser o rei e a todos os peóns daquela cidade
permitíaselles estar decorados.



book | by Dr. Radut