O expediente de contratación AMT-2021-0041 para dixitalización de aulas en centros educativos públicos consiste na dotación
e instalación dos seguintes elementos:
- Panel interactivo de 75 polgadas, resolución 4K, modelo TafelTech L75EG (Android 11, 4GB RAM, 32GB almacenamento interno).
- Módulo OPS integrado (procesador i5, RAM 16 GB, 256 GB SSD).
- Webcam (MaxHub UC W11).
- Teclado con touchpad sen fíos (Logitech K400 Plus).
Os paneis dixitais interactivos veñen a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por unha pizarra dixital interactiva,
un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran completamente as funcionalidades anteriores e supoñen
unha mellora significativa das mesmas.