Skip to Content

Novas

Programa Igualdade ANPA Brexo-Lema 2020/21

Hoxe Xincana pola Igualdade para o alumnado de 4º, 5º e 6º

O primeiro evento do programa de Igualdade da ANPA deste Curso:

Unha divertida Xincana para 4º, 5º e 6º de Primaria chea de sorpresas

Doazón das prendas de obxectos perdidos do curso 2019/20

Todas as prendas de roupa, tuppers, bufandas, gorros... que se foron deixando na caixa de obxectos perdidos da ANPA e que quedaron no cole no curso 2019/20, foron doadas a distintas ONG,s da contorna.

 

Moitas grazas,

 

A ANPA

 

 

Cuestionario Actividades Extraescolares/Ludoteca Curso 2020-21

Para cubrir o cuestionario podes imprimilo e escribir as túas respostas. Unha vez o teñas cuberto, escanear ou sacar unha foto lexible e remitilo ao grupo de Whatsapp do curso (ou ao noso mail se prefires preservar a túa privacidade). 

Preme no adxunto para ver e descargar o documento

Protocolo COVID ANPA Brexo-Lema

Preme no arquivo adxunto para ver e descargar o documento

COMEDOR ESCOLAR 2020/21

CONFIRMADAS TODAS AS SOLICITUDES PARA COMEDOR ESCOLAR

Todas as solicitudes de praza para o Servizo de Comedor quedan confirmadas. Para dar cabida a todo o alumnado solicitante e tendo en conta a normativa vixente, organizáronse dous turnos de Comedor nos que se manterán os Grupos de Convivencia Estable, repartidos do seguinte xeito:

PRIMEIRO TURNO: Educación Infantil - 14:00h

As monitoras recollerán nas portas das súas aulas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, e o acompañará ao comedor as 14:00h. Cada grupo de convivencia estable ocupará as mesas asignadas, asegurándose de que se cumpren todas as medidas de seguridade.

PRIMEIRO TURNO CORRIDO: 1º e 2º de Educación Primaria – 14:30h

As monitoras recollerán nas portas das súas aulas ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, e o acompañará ao comedor as 14:30h, incorporándose no Comedor ao alumnado de educación infantil. Cada grupo de convivencia estable ocupará as mesas asignadas, asegurándose de que se cumpren todas as medidas de seguridade.

SEGUNDO TURNO: Educación Primaria – 15:10h (agás 1º e 2º E.P)

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, baixará ás 14:30h ata a Aula de Informática, acompañado polo persoal docente. Alí, o alumnado será ubicado polas monitoras nas súas respectivas zonas de xogo, mantendo os grupos de convivencia estable e cumprindo todas as medidas de seguridade. Ás 15:10h*, as monitoras acompañarán aos nenos/as ás súas mesas designadas no comedor.

*Na medida do posible, intentarase adiantar uns minutos o acceso ao comedor do segundo turno

Cada grupo de convivencia estable permanecerá sentado ata que todos os integrantes acaben de comer. Chegado o momento, as monitoras dirixirán aos menos e nenas á zona de xogo que lles corresponda.

HORARIO DE SAÍDA

Primeira Quenda

- De 15:00h a 15:15h: Educación Infantil + 1º e 2º Educación Primaria

- De 15:15h a 15:30h: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Segunda Quenda

- De 16:15h a 16:30h: Todo o alumnado restante

Os nenos e nenas, organizados nos seus respectivos grupos de convivencia estable, serán chamados polas monitoras para a súa entrega, sempre pola PORTA PRINCIPAL, xunto coas súas pertenzas.

Pregamos puntualidade ás familias para evitar riscos e impedir aglomeracións innecesarias. Todas podedes escoller indistintamente a 1ª ou a 2ª quenda de recollida.

Ante calquera incidencia ou emerxencia, enviade un mail a anpabrexolema2013@gmail.com ou contactade con Jardanay, S.L. no teléfono: 981 12 66 27

Podedes consultar e descargar O Protocolo Covid-19 Completo, redactado específicamente para o Comedor Escolar do CEIP Emilio González López por Jardanay, nos apartados da ANPA da web co Centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/

 

Podedes descargar a información en formato PDF premendo no adxunto

Banco de Libros de Texto da ANPA - Curso 2020/21

Informamos a todas as familias de 4º Ed. Primaria e 6º Ed. Primaria de que temos dispoñibles os lotes de libros de texto de préstamo para o curso 2020/21.

 

Agradecemos ás familias interesadas que remitades a SOLICITUDE cuberta ao noso correo:

 

anpabrexolema2013@gmail.com

 

Faremos a nosa entrega conxuntamente co Centro (estade atentos as novas do centro na web)

 

Preme no arquivo ADXUNTO para ver e descargar o documento:

 

 

Circular Inicio do Curso 2020/21

Preme no link adxunto para ver o documento 

Devolución do mes de marzo correspondente ao pago do 2º Trimestre

Estimadas familias, informarvos de que a partir do día 08/07/2020, as apuntadas no segundo trimestre en actividades extraescolares, veredes nas vosas contas bancarias habituais un ingreso que fixemos dende a ANPA. 

 

Ese importe corresponde á devolución do voso pago do mes de marzo. 

 

Sabede que en lugar de  calcular só os 15 días que non se impartiron no segundo trimestre polo Estado de Alarma, conseguimos encaixar as contas e vos devolvemos o mes de marzo enteiro 

 

Por favor, revisade que tendes o abono! e para calquera aclaración contactade connosco a través do mail: anpabrexolema2013@gmail.com

 

Moitas grazas! Manterémosvos ao corrente da data de inscrición nas actividades extraescolares do curso 2020/21.

Distribuir contido


by Dr. Radut