Estimadas familias! Como sabedes, debido as novas medidas de control da Covid publicadas onte á noite no DOGA:
VOS INFORMAMOS:
1- A ANPA continuará a ofertar o servizo de comedor con normalidade, reforzando as medidas de seguridade e o illamento dos grupos de convivencia estable.
2- Respecto as actividades extraescolares, confirmarvos que temos a confirmación de que NON poderán ter lugar no Pavillón.
Polo tanto quedan suspendidas desde hoxe mércoles 27 de xaneiro do 2021 ata novo aviso a actividades extraescolares deportivas
3- As familias apuntadas en actividades, que por Conciliación, necesitedes deixar aos vosos fillos e fillas no Centro no horario habitual, sabede que poderedes deixalos ata final de esta semana (venres incluido).
Estes nenos e nenas farán algunha actividade/xogo no exterior se o tempo o permite ou na aula de informática se non fóra posible.
4- De cara a estudar a posibilidade de poder manter este servizo excepcional en febreiro, agradeceríamos ás familias apuntadas en actividades extraescolares, que esteades interesadas, que nolo fagades saber a través dos grupos de WhatsApp ou no correo anpabrexolema2013@gmail.com e trataremos de buscarvos unha alternativa.
Agardamos que esta situación pase rápido e favorablemente. Por favor, extremade as precaucións en beneficio de toda a Comunidade.
Grazas pola vosa atención.
A ANPA
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Engadimos o recorte das últimas medidas tomadas polas autoridades sanitarias relacionadas coa cancelación das Actividades Extraescolares Deportivas no Pabillón:
Segundo o disposto no DOG Num16-Bis de 26 de xaneiro, as instalacións que seguen terán que permanecer pechadas, e as actividades que nelas se desenvolven suspendidas, en principio ate o 17 de febreiro.
Esta data pode ser modificada ou ampliada, se así o estiman as autoridades sanitarias.
Extractos da Orde do 26 de xaneiro de 2021 da Concellería de Sanidade, no seu Anexo:
"...
3.15. actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.
1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
...
4. Medidas especiais para determinadas actividades.
4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades...:
II. Actividades recreativas:
II.1. Actividades culturais e sociais.
II.2. Actividades deportivas.
II.3. Actividades de lecer e entretemento.
....
III. Establecementos abertos ao público:
....
III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
...
III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.
III.2.4.1. Museos.
III.2.4.2. Bibliotecas.
..."