Skip to Content

Novas

MAGOSTO 2022

Acabouse o día, hai que buscar outra romaría! Non era así o refrán? 

 

 

Samain 2022

 Roteiros Samaín

 

Boas familias, o vindeiro venres 28 de outubro será a festa de Samaín.

 

  • O punto de partida dos ousados aventureiros será no pavillón sobre as 18:30h
  • Os grupos intentarase que vaian por idades similares, agás os irmáns que poderán ir xuntos.
  • Haberá 2 roteiros:

Un curto por se os exploradores se cansan 

Un máis longo para os máis andarines.

  •  COIDADIÑO polo que poida haber de camiño as casas 

 

  • En cada casa haberá un xogo arrepiante 

 

  •  E por suposto terán un pequeno premio rico rico

Festa Samain 2022

CIRCULAR INFORMATIVA NOVO CURSO ESCOLAR 2022/23

 

CIRCULAR INFORMATIVA - CURSO 2022/23

 

Novidade importante para as familias: a ficha de inscrición na ANPA, AAEE, e seguro para o comedor escolar farase únicamente a través das seguintes ligazóns. É un sinxelo formulario online que substitúe ás fichas en papel:

 

  • Modificacións e baixas AAEE:


https://forms.gle/cya3WevVA1vAJrwG8

 
  • Ficha de Inscrición de Actividades Extraescolares 

             (unha por cada fillo/a) 

 

 https://forms.gle/RgC9MytgwEj6sEdVA

 

  • Ficha de Inscrición da ANPA,Seguro escolar de

accidentes e familia autorizada para recoller ao alumnado

 https://forms.gle/2EhaozPjRhedgBh48 

 

As ligazóns tamén están dispoñibles  no espazo ANPA da web do cole e facilitaranse a través dos grupos de WhatsApp das clases.

Estimadas familias, mediante a presente informámosvos da planificación dos nosos servizos de cara ao novo curso escolar 2022/23.

 

Informamos ás familias de nova inscrición no Centro, que os servizos de COMEDOR e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES os xestiona directamente a Asociación de Nais e Pais: ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López, a través da contratación de empresas especializadas.

 

No vindeiro curso respecto ás medidas derivadas da COVID-19, seguiremos os protocolos que marque a Xunta de Galicia nos espazos que nos atinguen: comedor e AAEE (Actividades Extraescolares).

 

COMEDOR ESCOLAR

  

Funcionamiento: a organización de posibles quendas quedará pendente das instruccións que dicte a Xunta sobre comedores escolares. Informaremo de tódalas actualizaciónes a través da web do colexio, sección ANPA/comedor.

 

Prezo: O servizo préstao a empresa de catering Jardanay, S.L. O listado de prezos actualizado podédeo consultar na web do cole: no apartado COMEDOR do espazo ANPA. 

 

Recollida: Os tres horarios de recollida dos nenos e nenas dispoñibles á vosa elección son:

  • 15:30h
  • 16:30h
  • Se están anotados a actividades extraescolares, 17:45h.

 

Os nenos e nenas terán un tempo de ocio e xogos ao aire libre ou no pavillón, antes da súa recollida.

 

Inscrición: Abrirase o período de inscrición telemático entre os días 10 e 30 de agosto de 2022 (incluídos)a través da páxina web de Jardanay: www.jardanay.es

 

Solicitude: Debedes cubrir o formulario de solicitude de alta accedendo a www.jardanay.es. Na área de clientes, escollede  a opción CEIP Emilio González López (na columna central) e indicade as claves de usuario e contraseña que vos indicaremos cando nolos envíe Jardanay.

Débese cubrir todo o formulario de alta e escoller unha das seguintes modalidades de servizo:

 

 

  • Modalidade fixa: Resérvase a praza de comedor de luns a venres.
  • Modalidade descontinua: 1, 2 ,3 ou 4 días concretos á semana.
  • Modalidade esporádica: Resérvase a praza (sempre que existan prazas dispoñibles) de días soltos que se avisarán como mínimo un día antes contactando coa ANPA a través do correo anpabrexolema2013@gmail.com Comedor na casa: Resérvase a comida para levar que se entrega ás familias á saída do cole.

 

 

Confirmación de praza: Dependendo das medidas que dicte a Xunta, o aforo do comedor podería seguir reducido. Comunicarémosvos a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso, que no caso de ser necesario, seleccionarase por esta orde, segundo os seguintes criterios de valoración:

 

  • Estar ao día no pago das cotas de Jardanay e a ANPA
  • Estar inscrito no comedor durante o curso 2021/22
  • Ter irmáns no centro usuarios de comedor
  • Por orde de inscrición

 

Data de inicio do comedor: O comedor escolar estará operativo dende o primeiro día do curso 2022/23. Os vosos nenos e nenas incorporaranse segundo a data de inicio que indiquedes no formulario de alta na web de Jardanay.

 

Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar de modalidade, variar os días de asistencia e darse de alta durante o curso, cada mes, sempre que haxa dispoñibilidade. Todas estas xestións deberanse rexistrar a través da web www.jardanay.es antes de cada día 26, para que teñan efecto ao mes seguinte.

 

Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado: Para facer efectiva a praza de comedor, debedes cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA co fin de: 

 

  • Autorizar o pago e facilitar a vosa conta bancaria para facer efectivo a cota única e anual por cada neno/a correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é  por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou os dous). O importe da cuota única e anual por neno/a rondará os 7€, o custo definitivo saberémolo en outubro.
  • Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado de Comedor e/ou Actividades Extraescolares.
  •  É obrigatorio ser familia socia da ANPA para asistir ao comedor. Estes último cursos, debido as complicacións derivadas da COVID-19 no ANPA non exercimos o noso dereito de requerir ás familias facerse socias para utilizar os servizos que organizamos e dos que somos responsables na ANPA. Un aument no número das familias non asociadas que usan os nosos servizos complica enormemente a nosa labor de control. Ademáis, como sabedes, todas as persoas que formamos parte da xunta directiva, poñemos altruistamente o noso traballo para a mellora da calidade da ensinanza de todo o alumnado e se non dispoñemos de fondos, faise moi difícil organizar ben as cousas.

 

Ficha de inscripción na ANPA: tedes os formularios online ó comezo da páxina.

A través do correo anpabrexolema2013@gmail.com podedes contactar con nós para resolver calquera dúbida que vos poda xurdir.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Funcionamento: As actividades comezan despois do comedor, de 16:30h a 17:45h agás Natación, que é cada venres de 18:30h a 19:15h. 

As familias podedes escoller o servizo de bus gratuíto ata a Piscina da Barcala, sinalando na Ficha de Inscrición de Actividades o servizo ida, ida e volta e a parada correspondente.

2022/2023

Lunes

Martes

Miércoles

Jueves

Viernes

Infantil + 1º Primaria

PATINAXE I

XOGOS MUSICAIS

ZUMBA I

CAPOEIRA I

HOCKEY PATINES I

   

YOGA I

BAILE GALEGO

NATACIÓN I

De 2º a 6º de Primaria

PATINAXE II

ATLETISMO

XIMNASIA RÍTMICA

CAPOEIRA II

HOCKEY PATINES II

IOGA II

TEATRO

JUDO

KICKBOXING

ZUMBA

 

BALONMANO

   

NATACIÓN II

Descrición das actividades ofertadas para o curso 2022/23:

 

  • Patinaxe: Iniciación e adestramento en patinaxe artístico na modalidade de danza.
  • Ioga: Iniciación ao Ioga físico, psicofísico e a xestión emocional no que se alternan historias, cancións, xogos e posturas, para potenciar a aprendizaxe nun entorno multisensorial.
  • Xogos Musicais: Iniciación á musica mediante xogos nos que se traballan mediante a música a coordinación e a psicomotricidade.
  • Atletismo: Actividade de multideporte na que se practican diversas disciplinas deportivas (carreiras, saltos, lanzamentos, etc.) mediante xogos.
  • Teatro: traballo de expresión corporal e verbal desenvolviendo técnicas escénicas (ritmo, intensidade, espazo).
  • Balonmano: deporte colectivo par nenos e nenas, dinámico , integrador e impartido por profesionais con anos de experiencia.
  • Zumba:Para practicar exercicio mediante o baile e as coreografías con ritmos latinos e de fusión
  • Ximnasia Rítmica: Iniciación e adestramento nas acrobacias e coreografías da disciplina.
  • Judo: (Sen contacto) Práctica das técnicas, caídas, coordinación e movementos da arte marcial.
  • Baile galego: Iniciación á danza e a aprendizaxe de pandeireta.
  • Capoeira: Iniciación e adestramento da disciplina a ritmo da música para traballar a coordinación, o ritmo, a flexibilidade e a expresión corporal.
  • Kick-Boxing: (Sen contacto) Iniciación á arte marcial para favorecer o equilibrio e a fortaleza emocional a través do dominio do corpo e dun mesmo así como o respecto aos demais, mentres se traballan, mediante xogos e técnicas, ferramentas de defensa e autocontrol.
  • Hockey patines: Aprenden o manexo de novos elementos como son o stick e os patíns, que lles axuda a mellorar motricidade e coordinación. Coñecemento dun deporte de equipo so que se fomentan valores como o compañerismo, o respeto, a superación e a inclusión.
  • Natación: Cursos divididos por capacidades dirixido por monitores para aprender a nadar en varios estilos.

Prezos e descontos: O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 12€, Natación ten un prezo de 18 € aprox. que pode ter lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello.  Aplicaremos a máis vantaxosa, pero non son acumulables.

  • Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.
  • Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas. 
  • Aplicamos un 30% de desconto na terceira actividade e sucesivas dun mesmo neno/a (o desconto aplicarase no precio da actividad con menos valor).

 

Data de inicio das actividades: As actividades extraescolares comezarán o 12 de setembro de 2022, agás Natación, que comeza a partir de Outubro 2022. 

 

Inscrición: Queda aberto o prazo de inscrición do 8 ó 25 de xuño (ambos incluídos).

 

Solicitude: Para solicitar a alta nas actividades extraescolares cubride os formularios online do comezo deste documento. Tamén serán enviados ós grupos de WhatsApp das clases.

 

Confirmación de praza: Comunicarásevos a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso. De non haber prazas suficientes para as solicitudes, aplicaranse por orde estes criterios de selección: 

 

  • Estar inscrito nesa actividade o pasado curso 2021/22.
  • O alumnado con irmáns anotados nalgunha actividade o pasado curso 2021/22.
  • O alumnado inscrito en prazo nalgunha actividade do curso 2022/23, se a actividade que escolleu non se leva a cabo por non chegar ao número mínimo de inscritos.  
  • Por orde de inscrición (quedan prazas reservadas para o novo alumnado do CEIP). 

Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar dunha actividade a outra ou solicitar a alta nova en calquera momento sempre que haxa praza dispoñible. As baixas, salvo motivo xustificado, poderán solicitarse trimestralmente co fin de garantir a continuidade na actividade para o resto do grupo. Para solicitar baixa ou modificacións debe encher o formulario online:

 

-Modificacións e baixas de AAEE, https://forms.gle/cya3WevVA1vAJrwG8.

A ligazón tamén está dispoñibleno espazo ANPA da web do cole e facilitaranse a través dos grupos de WhatsApp das clases.

 

Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado: Para facer efectiva a praza en calquera actividade, lembrade cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA para: 

 

  • Autorizar o pago e facilitar a conta bancaria para facer efectivo o pago de 1 cota única e anual por cada neno/a de 7€ aproximado correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 7€ aprox. por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou os dous)
  • Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado das actividades. 
  • Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.

OUTROS SERVIZOS

Axudas de Comedor: A ANPA xestiona a solicitude de axudas económicas da Xunta para os usuarios de comedor. Ás familias que teñen o importe pendente de recibir, sabede que vos ingresaremos estes días nas vosas contas bancarias a suma das cantidades pendentes dos cursos anteriores mediante transferencia. 

 

Mañanceiro: Lembrámosvos que o servizo de mañanceiro do Centro o xestiona directamente o Concello de Cambre. O proceso de solucitude abrirase dende o 15 de xuño ata o 15 de xulio, ambos incluidos. Para máis información, contactade directamente con Servizos Sociais do Concello (981 654 812) ou visitade a súa web.

 

Eventos e saídas culturais: A ANPA organiza varios eventos durante o ano : magosto, entroido, nadal etc.) iranse organizando e informando durante o curso.

Tedes á vosa disposición o noso correo anpabrexolema2013@gmail.com para calquera comentario,  suxestión ou dúbida.

 

GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN.

 

Pasade un feliz verán!

 

Atentamente,

 

A ANPA

En Brexo-Lema, a 8 de xuño de 2022

OBXETOS E ROUPA PERDIDOS

Ola familias, estes son os obxectos perdidos e a roupa que temos na oficina. Por favor, botade unha ollada por si algunha destas cousas son vosas.

 

Moitas grazas!

ENTROIDO 2022

Este venres celebramolo Entroido 2022 no cole!!!

 

Os nen@s foron disfrazados dos nosos antepasados e convidamolos a Orellas e Filloas ;-)

 

Agradacer o Concello de Cambre a súa subvención e o Colexio Emilio Gónzalez López a colaboración 

;-)

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut