Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

VISITA DO MOUCHO

O venres 28 tivemos a visita do Moucho. Como sempre contounos moitos contos moi  divertidos:  "LOS PÁJAROS"  " EL POLLO PEPE " E "TURELÍ, TURELÓ"  . Tamén nos deixou moitos  libros para ler na clase. Pasámolo moi ben! 

 

 

 

 

DECORACIÓN DAS PORTAS

Con motivo do Samaín decoramos as portas da clase .  Mirade que bonitas quedaron!  

 

 

 

 

MERENDA DE SAMAÍN

O día 25 celebramos unha merenda saudable de Samaín, convertimos uns plátanos en  pantasmas e unhas mandarinas en cabazas. Foi  un almorzo estupendo !

 

 

 

 

 

 

Benvida!

Hola a todas e todos!. 

Este curso 2016/17 este blog recollerá as novas das clases de 4 e  5 anos.

Os "Pequerrechos de 4 anos" comezaron co proxecto do Corpo e os "Pequerrechos de 5 " co proxecto da Familia e o Protagonista da semana.

PROXECTO OS DINOSAUROS

Ola familias! Aquí vos deixamos un resumo do traballado durante este trimestre sobre os Dinosauros. O tema foi un auténtico éxito entre os nenos e nenas, axudounos a mellorar en todos os aspectos do desenvolvemento de xeito motivador.

Esperamos que vos guste e que disfrutedes das merecidas vacacións. Bo verán!

Un saúdo, as mestras de infantil.

 

 

 

http://prezi.com/cn9ejep0g6ui/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

GRADUACIÓN DE 5 ANOS

Continuando coas celebracións o día 22 de xuño tivemos a graduación dos nenos e nenas de cinco anos.  A titora entregoulles a orla. Estaban moi guapos cos seus birretes!   Foi moi emocionante!

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O mércores 22 tivemos o festival de fin de curso, os nenos e nenas de 3 e 4 anos cantaron o poema musicado " O Cuco " e os de 5 anos bailaron a canción "Un Rayo de Sol ". Fixérono moi ben ! Mirade que guapos! Na  galería hai maís fotos.

 

 

 

TEATRO " CARAPUCHIÑA VERMELLA "

O martes 22 continuamos coas celebracións de fin de curso, tivemos un teatro de monicreques. Vimos  " Carapuchiña Vermella".  Pasámolo moi ben! 

 

 

 

 

 

ANIVERSARIOS DE VERÁN.

Acaba  o curso e temos unha semana chea de acontecementos.

Empezamos o luns celebrando os aniversarios de verán.

Parabéns para todos eles.

 

 

Máis fotos na galería.

ANIVERSARIOS

O luns 6 xuño celebramos o aniversario de Mateo Miño e o venres 11 o de Miriam e André , trouxeron unhas tartas que estaban moi boas. Cantamos a canción de aniversario e sopramos as velas.  Foi moi divertido!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut