Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

COCIÑEIROS POR UN DÍA

Esta semana o proxecto das ABELLAS tivo unha parte moi doce.Fixemos unha receta con mel : "iogur con mel e noces".

 

 

Aprendimos  o formato das recetas.

 

Os encargados mesturaron os ingerdientes.

 

 

E todos dimos boa conta do postre.

 

Tedes máis fotos na galería.

8 DE MARZO .DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo, "día internacional da muller" ,quixemos aportar desde a  escola o noso gran de area para  seguir concienciando  aos nenos e nenas no concepto de IGUALDADE ,tema presente sempre na nosa educación.

Primeiro traballamos na aula o conto "Iriña bailarina" da colección "A igualdade conta" .

E as 12 , entre todos , desde E. infantil a 6º de E. primaria , fixemos un pequeno mural na entrada do colexio, cada curso colocou unha peza., 

 

VISITA DO MOUCHO

O xoves 22 tivemos a visita do Moucho. Coma sempre contounos  varios contos  " A árbore xenerosa " e " Avós ". Tamén nos deixou moitos libros en préstamo. Pasámolo mo ben! Mirade que fotos tan bonitas, na galería podedes ver máis.

 

 

 

O ENREDO DO ABELLEIRO

O venres 23 fixemos a saída ao Enredo do Abelleiro, pasámolo moi ben. Aprendimos moitas cousas, vimos as colmenas, vestímonos de apicultores, vimos a abella reina, fixemos unhas velas, probamos o mel ...  Foi moi divertido! 

 

 

ENTROIDO

O venres 9 de febreiro celebramos o entroido, nos eleximos o musical " Cantando bajo la lluvia "  a coreografía quedou moi ben e estabamos moi guapos cos nosos chuvasqueiros. Mirade algunha das fotos!

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO

O entroido xa está aquí.

O "MECO" deixa un mandato cada día da semana.

O mércores xuntámonos na aula de 5 anos para mostrar o que levabamos na cabeza , ao pescozo e pintado na cara.

Mirade que guapos estamos todos e todas.

As abellas

O proxecto das abellas está a ser moi motivador.

O pasado venres pasamos un rato moi divertido coas bromas das mestras Gloria e Zaida , que representaron a unha despistada abella RAÍÑA e unha abella OBREIRA moi traballadora.

 

 

DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, no " Muro dos desexos " colgamos uns lazos de cores nos que escribimos os nosos anhelos de Paz ( amizade, compartir, amigos, risa, alegría, non pegar, amor ... ). Mirade que bonito quedou! 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO " AS ABELLAS "

Comezamos un novo proxecto, imos aprender moitas cousas das abellas. Como sempre pedimos a vosa colaboración para que mandedes información, libros, algún xoguete... relacionados co noso traballo. O punto de partida  foi probar a mel, que estaba moi doce e gustounos moito.

 

 

 

AGASALLOS NA ÁRBORE DE NADAL

Este luns tivemos unha sorpresa ao chegar ao cole despois das vacacións.

Os reis Magos deixaron agasallos para os nenos e nenas de E. Infantil.

Que sorte!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut