Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

Visita do alumnado de 6º de E.Infantil a 1º de Primaria

Esta semana Laura , a mestra de primeiro , invitounos a súa aula.

As mesas eran moi altas , estaban colocadas en forma de U , había moitos libros  pero tamén xoguetes , plastilina...

Fixemos unha ficha de maiores e Laura contounos un conto moi divertido, pero que tamén daba algo de medo ,  "A figueira de Pelostortos".

Moi pronto esta será a nosa aula.

 

 

VISITA Á GRANXA ESCOLA

O luns 30 de maio estivemos na Granxa Escola de O Ventoso, foi moi divertido e pasámolo moi ben! Montamos no cabalo, peiteamos ao poni, tocamos ao burro, vimos galiñas, galos, pavos, había peixes, aprendimos o nome de plantas aromáticas... En definitiva foi un día estupendo! Podedes ver máis fotos na galería. 

 

 

 

 

 

 

 

Os nosos compañeiros e compañeiras son contacontos.

Durante o mes de maio, o alumnado de cuarto de primaria baixou á aula de 6º de E. Infantil para contarnos contos.

Esperábamos que chegara o mércores para escoitar as súas historias :"Oso e o seu dente" , "Os tres porquiños"...

 

ANIVERSARIO DE ISABELLA

O mércores 25  celebramos o aniversario de ISABELLA que  cumpriu 4 aniños. Trouxo unha tarta que estaba moi boa! Moitas Felicidades! Aquí vos deixo unhas fotos.

 

 

LETRAS GALEGAS

O venres 20 celebramos o festival das Letras Galegas, os nenos e nenas de E.I. cantaron a canción "O Cuco" de Manuel María, fixérono  moi ben e estaban moi guapos. Mirade que fotos máis bonitas!

 

 

VISITA DA MOUCHO

O xoves 12 de maio visitounos o Moucho. Cantou a " Canción da Primavera" , trouxo sementes e explicounos como se prantan. Contounos o conto "Aínda nada" e "Como cada mañá". Para rematar cantou unha canción de Manuel María "A poesía do Sol".

 

 

 

PEPITA

Por fin chegou a primavera,e Pepita, a mascota da aula de 5 anos xa espertou,  despois de pasar todo o inverno hibernando.

 

VISITA Á FUNDACIÓN ABANCA

O pasado martes, 5 de abril, fomos de excursión ao museo de Abanca na Coruña.

Fixemos un taller de pintura e vimos cadros de Picasso, "que es un caso", de Joan Miró e Kandinsky.

 

Na galería tedes máis fotos.

PROXECTO : "O ESPACIO"

Remata o trimestre e remata o proxecto "O ESPACIO".

Cantas cousas xa sabiamos e cantas aprendimos: nebulosas, planetas, estrelas...

Recordade que tedes máis fotos na galería.

 

ANIVERSARIOS

O luns 14celebramos o aniversario de Natalia que xa cumpriu 4 anos. Trouxo unha tarta e soprou as veliñas. Estaba moi rica e pasámolo moi ben . Moitas felicidades!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut