Skip to Content

ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2022/2023

Todo o alumnado que solicitou praza no centro para o vindeiro curso está admitido.

A matrícula deberá formalizarse entre o 21 e o 31 de xuño.

DÍAS NON LECTIVOS NO MES DE MAIO

No mes de maio, os martes día 3 e día 17 non son días lectivos. O primeiro deles por ser festivo local  (Festividade da Santa Cruz) e o seundo por tratarse dun festivo autonómico (Día das Letras Galegas).

OBRADOIRO "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS"

O xoves día 28 de maio, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria pasárono en grande e aprenderon moito sobre primeiros auxilios grazas ó persoal do Sergas que organizou o obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos".

Fixeron curas, reanimaron a peluches en parada cardiorrespiratoria... e ata cantaron e bailaron!

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO NO COLE

Este luns día 25 de abril, conmemoramos no cole o Día do Libro, celebrado o pasado 23 do mes e fixémolo cun gran mural colaborativo no que incluimos unha chea de poemas.

Chulo chulo!

FELICES PASCUAS

De parte de todo o profesorado do centro, desexámosvos que pasedes unhas Felices Pascuas!

Distribuir contido


by Dr. Radut