Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O prazo para solicitar a admisión do novo alumnado abrangue do día 1 ó 21 de marzo (incluídos).

Podedes realizar o trámite recollendo e cubrindo os impresos na direción do centro ou a través da web www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

A formalización de matrícula posterior levarase a cabo no mes de xuño.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto telefónico co centro.

DÍA GRANDE DE ENTROIDO NO COLE

O venres 25 de febreiro foi o día grande do Entroido no cole para culminar unha semana moi divertida.

Ó longo de toda a mañá desfrutamos cos vistosos disfraces, fixemos caretas e rematamos cunha batuka tremenda percorrendo os recunchos todos do patio.

Día molón!

Fotos que o demostran adxuntas!

SEMANA DE ENTROIDO: AS MANDAS DA MECA MARIPEPA E O OBRADOIRO DE ORELLAS

A semana do 21 de febreiro foi unha semana especial e divertida no cole grazas ás ordes da meca Maripepa e ó obradoiro de orellas que organizou Maite, a nosa cociñeira, para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria o xoves día 24.

A meca mandounos traer o luns algo diferente nos pés, o martes algo no pescozo, o mércores algo na cabeza, o xoves acudir en pixama e o venres disfrazarnos do que nos apetecera e desfrutar da batukada.

Vaia días!

Mirade, mirade as fotos adxuntas!

BO ENTROIDO!

Logo de momentos malos por mor da pandemia, puidemos desfrutar de algo de festa no cole e desexamos que teñades todos/as un BO ENTROIDO!

NOVAS XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR

Os pasados martes 22 e xoves 24 de febreiro, tiveron lugar dúas xornadas de multideporte para os nenos e nenas de 7 a 10 anos nas que participaron moi animados/as.

Estas xornadas celebráronse no pavillón de Ribadavia dentro do Proxecto Xogade (Deporte Escolar) no que participamos curso tras curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut