Skip to Content

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Acaba de sair publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio) que regula as axudas para adquirir material escolar e libros de texto, así como para beneficiarse do Fondo Solidario de Libros para o curso 2022/2023 para o alumnado de Educación Primaria.

 Máis in

DE EXCURSIÓN Ó GROVE!

O pasado venres fomos todos/as de excursión ó Grove.

Demos un paseo en catamarán, participamos nun obradoiro sobre a pesca, visitamos o acuario...e aínda nos quedou tempo para xantar xuntos/as e xogar un bo anaco!

Pasámolo xenial!

DÍA 27 DE MAIO: EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Ó GROVE

O día 27 de maio o centro permanecerá pechado por...excursión!

O plan da excursión é o seguinte:

- Saída de Leiro ás 9:15 horas.

- Chegada ó Grove sobre as 10:45 horas.

- Paseo en catamarán para Infantil, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria ás 11:00 horas.

- Obradoiro de pesca e reciclaxe para 1º e 2º de Primaria ás 11:30 horas.

- Visita guiada ó acuario para todos/as ás 12:30 horas.

- Xantar e xogos ás 14:00 horas.

- Chegada a Leiro sobre as 17:00 horas. Recollida dos nenos/as no colexio.

CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ademáis de traballar ó autor homenaxeado nas aulas nos días previos ó 17 de maio, os/as peques do cole poideron desfrutar dun contacontos teatralizado o martes día 24 de maio grazas á Biblioteca Municipal e pasárono xenial.

PROBA DE ORIENTACIÓN EN RIBADAVIA

O pasado xoves día 12 de maio tivo lugar unha xornada de Deporte Escolar en Ribadavia, neste caso de Orientación.

Pasárono xenial e Sofía, Raquel e Diego acadaron podio.

Noraboa!

Distribuir contido


by Dr. Radut