Skip to Content

PORTAS ABERTAS

Outro curso máis abrimos as nosas portas para aquelas familias interesadas en coñecer as nosas instalacións e modelo pedagóxico, falar e aclarar dúbidas.

Recordade solicitar unha cita previa no noso número de teléfono 988488178.

Esperámosvos!

PORTAS ABERTAS

Bo día familias!

Acércase o periodo de solicitude de admisión do alumnado NOVO ou que desexa cambiar de centro para o curso 2023-2024, e o noso cole desexa abrir as súas portas (previa cita) para as familias que non nos coñecen e/ou que desexen saber un pouquiño máis sobre nós..

Os/as interesad@s en matricularse poderán descubrir e coñecer a nosa oferta educativa e formativa, o noso proxecto académico e modelo pedagóxico, así como as instalacións, ensinando as diferentes aulas e os espacios comúns coma o comedor, os patios, ou a biblioteca.

Esperamos que aproveitedes para visitarnos e así poidamos aclararvos as cuestións que vos interesan ou preocupan e que coñezades e vos familiaricedes co noso centro.

Para solicitar unha cita pregamos chamar ao noso número de teléfono 988488178.

Esperámosvos!!

 

AVISO

Suspéndese o transporte escolar do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán para o martes 17/01/2023 debido á alerta dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulación de neve.

O centro estará aberto, pero non é recomendable o transporte nin en autobús nin en coche. 

Tampouco haberá actividades nos patios, estaremos toda a xornada no interior do centro.

As faltas asistenciais estarán xustificadas.

Aquí podedes acceder á ligazón da alerta

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006

 

Un saúdo

PLAN DIXITAL DO CENTRO

Documento como arquivo adxunto.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

Listado de libros de texto curso 2022-2023 como aqrquivo adxunto en formato pdf.

Distribuir contido


by Dr. Radut