O xoves día 28 de maio, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria pasárono en grande e aprenderon moito sobre primeiros auxilios grazas ó persoal do Sergas que organizou o obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos".
Fixeron curas, reanimaron a peluches en parada cardiorrespiratoria... e ata cantaron e bailaron!