You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


UN DRAGÓN ESPANTÓN!! (17/04/2020) sticky icon

Boa tarde alumnxs e familias:

Non podiamos pensar hai algo máis dun mes que un bichiño tan pequeniño como o famoso Coronavirus podía parar ata os máis valentes dos nosos nenos e nenas. Pero como nós somos moi listxs, quixemos preparar un fero dragón que espantase a tan malvado ser e nos axudase a estar sans nas nosas casas.

Deste xeito e reutilizando materiais que atopamos no fogar deseñamos a seguinte manualidade que agardamos ver reproducida polos peques da casa. Por esta razón, podedes cambiar recursos, decoración e tamaño.

Esperamos as vosas fotiños nos próximos 7 días para poder compartir cos demais e facernos moito máis felices podendo vervos, aínda que sexa a través dunha pantalla.

Milleiros de gracias pola vosa participación e animamos aos que aínda non probastes a que intentedes algunhas das propostas para poder compartir entre todos e saber que estades traballando arreo, como sempre facedes. 

Un millón de bicos destas profes que vos estrañan e vos adoran.

 

 

 

 

 

PASCUA II (16-04-2020) sticky icon

Ola familias!

Aquí están máis fotos de Pascua, canto traballaron estes nenos/as!

Os/as artistas esta vez son... Da aula de 3 anos: VERA E PABLO, e da de 4 anos: LAURA E LÍA.

 

 

 

 

Seguimos creando... (15/04/2020) sticky icon

Seguimos moi contentas de poder amosarvos máis fotos das actividades nas que participades. Esperamos que o resto dos compañeiros e compañeiras se animen tamén a disfrutar xuntos, aínda que sexa dende a distancia. 

Neste caso, os nenos e nenas protagonistas das instantáneas son: Pablo de 4º de Educación Infantil; Laura e Zoe de 5º EI; Carmen e Vera de 6º EI.

Moitas gracias nosos pequerrechxs!!!!

Esperamos vervos prontiño.

 

 

Aniversarios en Abril (15/04/2020) sticky icon

Desexámosvos un feliz aniversario dende o equipo de Infantil ós nenos e nenas que cumplistes anos nesta primeira quincena de abril: Alejandro, Antía e Cristian da aula de 4 anos e Fabio da aula de 5 anos. Parabéns para todos!

 

EXPERIMENTANDO (15/04/2020) sticky icon

Ola chicos e chicas!

Apetécevos ser por un día científicos? A nosa proposta de hoxe é un experimento moi sinxelo co cal queremos recalcar a importancia de lavar as mans usando sempre xabón.

Poñédevos mans a obra e a experimentar...!!!

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar